SANDRA CISNEROS
Sushi Books traduce para o galego a novela The house of Mango Street na que "Esperanza, unha adolescente que vive nun humilde barrio hispano de Chicago, sente que non pertence ó mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, A casa de Mango Street expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade, a través de relatos interconectados"
Unha historia que non deixa indiferente a ninguén, breve e áxil, recrea toda unha vida azarosa e obstaculizada por asuntos da sociedade do noso tempo.
Unha ocasión para reflectirmos sobre isto e máis.
Comentarios
Lucas Santos López