A PROBA DE AUGA

 ANÉMONA DE RÍO

No mes de abril, o alumnado de club de lectura de 1ºESO leron A Proba de Auga, un relato en banda deseñada creado pola autora Anémona de Río e premiado pola escola de ilustración O Garaxe Hermético de Pontevedra. Tendo o día do libro no horizonte, quixemos mostrar como o cómic pode ser unha opción de lectura máis na que encontrar contido de todo tipo.

Para o caso, este libro cóntanos como “rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba”

Nestes tempos de pandemia, coñecer como reacciona o noso organismo fainos máis conscientes!

Comentarios

Nicolás ha dicho que…
A min encantoume este libro porque é entretido e lese rapidísimo. E para os que lles guste aprender cousas do corpo humano está ben. Recoméndolle a xente que lle guste as aventuras e aprender.
Martina Devesa Romar ha dicho que…
Gustoume moito porque aprendín moito sobre o corpo humano, ademais a min os cómics gústanme moito porque son fáciles de ler e acábase rápido. Recoméndoo para as persoas que teñen curiosidade sobre o proceso do corpo e as súas células.