ANÉMONA DE RÍO
No mes de abril, o alumnado de club de lectura de 1ºESO leron A Proba de Auga, un relato en banda deseñada creado pola autora Anémona de Río e premiado pola escola de ilustración O Garaxe Hermético de Pontevedra. Tendo o día do libro no horizonte, quixemos mostrar como o cómic pode ser unha opción de lectura máis na que encontrar contido de todo tipo.
Para o caso, este libro cóntanos como “rematados os seus estudos, unha pequena pinga de auga está xa preparada para levar a cabo a súa misión. Pero no seu primeiro día todo ocorre demasiado rápido, perde de vista o seu grupo e esperta nun lugar descoñecido. Terá que reunir valor e internarse nese novo mundo para atopar os seus compañeiros e compañeiras, intentar cumprir co seu cometido e descubrir quen é ese escorregadizo descoñecido que o pon todo patas arriba”
Nestes tempos de pandemia, coñecer como reacciona o noso organismo fainos máis conscientes!
Comentarios