Club 4ºESO. Febreiro 2022


IRIDIUM, DE FRANCISCO CASTRO 

UN LIBRO SOBRE AS DIFERENZAS, A AMIZADE E O AMOR

"Mario e eu somos os raros. E non o somos por, digamos, as nosas particularidades. Sómolo porque, coa súa ollada, os outros fannos sentir así".

A que fala é Iris, a protagonista desta novela de Francisco Castro,  vítima dun accidente que lle provocou un DCA (dano cerebral adquirido). Iris, raíña do Istagram,  ten que aprender de novo  a realizar as tarefas da súa vida cotiá. Non quere que a compadezan nen que se apiaden dela; é suficientemente forte para encara a súa nova situación vital con valentía e coraxe. Para iso, conta coa axuda da súa familia e dos seus amigos, entre os que se conta un novo que acaba de chegar á súa vida: Mario,  o "malo" do instituto quen , sen sabelo, está chamado a encher o espazo que deixa o seu ex mozo, desaparecido tras o accidente. Unha historia áxil, sinxela de ler e que dará que falar .

Comentarios

Judith Alborés Romero ha dicho que…
Penso que a idea do libro foi boa, pero que non se levou correctamente debido á pouca duración do libro, gustaríame que tivese maior número de páxinas para poñer mellor contexto e contarnos máis cousas dos personaxes.
É un bo libro que narra o que sofren as persoas con Dano Cerebral Adquirido e os cambios que se producen na súa vida. Danos unha lección de que debemos seguir adiante aínda que nos atopemos problemas, boa reflexión.
Paula Carril González ha dicho que…
O libro: "Iridium" foi un libro que me gustou moito, polo que recomendaríao ler. Mais teño unhas contras respecto a historia xa que me pareceu pouco desenvolvida, por unha parte o inicio gustoume moito, adentrouse no tema, aclarou a situación da protagonista... máis o final vese algo "seco", refirome, que lle falta información. Dende o meu punto de vista penso que se debería de alongar o último capítulo xa que me pareceu diminuto.
Por outro lado, o libro cóntanos o problema que ten Iris, Dano Cerebral Adquirido, un problema que moita xente ten e que é algo moi interesante de falar porque lle pode pasar a calquera persoa, como foi o caso desta moza.
Unknown ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Sara Domínguez Gómez 4ºA ha dicho que…
Iridium é un libro que conta a historia dunha rapaza con DCA (Dano Cerebral Adquirido) debido a un accidente de tráfico. Gustoume moito o libro porque nos explica como e o día a día dunha persoa con DCA, contando como se sinte, como a tratan e isto da lugar a que reflexionemos. Por outro lado, tamén vexo necesario facer un comentario negativo, pois ainda que o libro está moi ben, fixoseme moi corto e no final faltoume un pouco de información.