IRIDIUM, DE FRANCISCO CASTRO
UN LIBRO SOBRE AS DIFERENZAS, A AMIZADE E O AMOR
"Mario e eu somos os raros. E non o somos por, digamos, as nosas particularidades. Sómolo porque, coa súa ollada, os outros fannos sentir así".
A que fala é Iris, a protagonista desta novela de Francisco Castro, vítima dun accidente que lle provocou un DCA (dano cerebral adquirido). Iris, raíña do Istagram, ten que aprender de novo a realizar as tarefas da súa vida cotiá. Non quere que a compadezan nen que se apiaden dela; é suficientemente forte para encara a súa nova situación vital con valentía e coraxe. Para iso, conta coa axuda da súa familia e dos seus amigos, entre os que se conta un novo que acaba de chegar á súa vida: Mario, o "malo" do instituto quen , sen sabelo, está chamado a encher o espazo que deixa o seu ex mozo, desaparecido tras o accidente. Unha historia áxil, sinxela de ler e que dará que falar .
Comentarios
É un bo libro que narra o que sofren as persoas con Dano Cerebral Adquirido e os cambios que se producen na súa vida. Danos unha lección de que debemos seguir adiante aínda que nos atopemos problemas, boa reflexión.
Por outro lado, o libro cóntanos o problema que ten Iris, Dano Cerebral Adquirido, un problema que moita xente ten e que é algo moi interesante de falar porque lle pode pasar a calquera persoa, como foi o caso desta moza.