La suma de los días
Isabel Allende
Nas páxinas deste libro, Isabel Allende narra con franqueza a historia recente da súa vida e a da súa peculiar familia en California, nunha casa aberta, chea de xente e de personaxes literarios: fillas perdidas, netos e libros que nacen, éxitos e dores, unha viaxe ao mundo das adiccións e outros a lugares remotos do mundo en busca de inspiración, xunto a divorcios, encontros, amores, separacións, crisis de parella e reconciliacións.
Tamén é una historia de amor entre un home e unha muller maduros, que teñen salvado xuntos moitas dificultades sen perder nin a paixón nin o humor. Tamén é a historia dunha familia moderna, desgarrada polos conflictos e unida, pese a todo, polo cariño e a decisión de saír adiante.
Esta é a familia que descubrimos en Paula e que descende dos personaxes de La casa de los espíritus (da que se fixo unha adaptación cinematográfica). Unha obra ao tempo emotiva e escrita no tono irónico e apaixoado que caracteriza á autora, na que nos entrega a suma dos seus días como muller e como escritora.

Isabel Allende naceu en Lima (1942) Chile. Filla dun diplomático que lle inculcou a afección polas letras. Cursou estudios de periodismo. No 1962 casou con Miguel Frías, do que se divorciou no 1987, despois de ter dous fillos: Paula -vítima do cancro, morta no 1992- e Nicolás.
En 1973, logo do golpe militar chileno encabezado polo xeneral Pinochet, no que morreu o seu tío, o presidente Salvador Allende, abandonou o seu país e instalouse en Caracas, onde iniciou a súa producción literaria.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Non podo seguir esperando a que alguén decida escribir algo, así que aí vai!
Ata "camarada de ruta" non lle pillei intensidade narrativa ó libro. A partir de aí engancheime xa un pouco.
Unha frase: "O máis temible da vellez non é a soidade, senon a dependencia".
Unha petición: Alguén sabe algo da peli "De amor y sombra"?