16/12/08

O NENO DO PIXAMA A RAIAS / EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
John Boyne
Aínda que o habitual é describir as características da obra que estamos a ler, por unha vez facremos unha excepción, porque estamos convencidos de que explicar o seu contido estropearía a experiencia da lectura. Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de qué trata. Nembargantes, se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa onda unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún, e se o fas, que teñas forza para librarte del...
Esta novela do escritor irlandés John Boyne vén de converterse nun fenómeno mundial, e foi traducido a máis dunha vintena de idiomas e xa ten unha adaptación cinematográfica.Por último, cabe aclarar que este libro non é só para adultos; tamén o poden ler, e sería recomendable que o fixeran, rapaces e rapazas a partir dos doce ou trece anos de idade.

O editor

Este libro é unha forma de empezar a entender algunhas cousas terribles que sucederon en Europa no século XX, durante a II Guerra Mundial, e que seguro que a algúns vos sona de velas en películas. O malo é que desta volta as cousas pasaron de verdade, tal vez non exactamente como contan as pelis, pero igual de terrribles. Con este libro diante pódese falar de moitas cousas, averiguar outras da nosa historia recente e pararse a pensar como debemos facer para que algo así non se repita nunca máis.

Nenopixamaaraias
View SlideShare presentation or Upload your own.

6 comentarios:

Adrian Lado 1ºD dijo...

amin encantoume o libro!!

e que e moi enteresante!

amin gustoume e xa esta jajaja.

Santi 2ºA dijo...

A min o libro gustoume moito prque fálase dunha cousa que pasou de verdade moi tráxica e está contada de forma menos dramática. Contada desde a vista dun neno que non entende o que pasa.

arao pequeno (1ºD) dijo...

Ola bueno pois a min gustoume porque fala sobre todo de rapaces coma nós case da mesma idade e todo...e tamen por un lado era triste pero gustoume porque o neno queía entrar nas rejas...De todas formas foi moi bonito e espero que o proximo libro sexa tan bonito coma este saúdos..........!!!!!!!!

Auri dijo...

Alégrome de que vos gustara tanto como a min, aínda que eu non teña a mesma idade.
Estes días o que está sucedendo en Palestina vén sendo outro holocausto. A lectura deste libro espero que nos axude a ser cada día máis tolerantes e solidarios cos pobos que sofren e tamén nas nosas relacións cos demais.

Sara 3ºA dijo...

A min gustoume moito!
Pero é tan triste...
Xa lle teño unha rabia tremenda a ese Hitler!!!
Mas vale que quede onde está...!!!!
Que nunca se repita!!!!

Muitas gracias, Emilio!!! Por todo o que fas! :D

Aitana dijo...

Este libro non me gustou porque é moi triste e non acaba como a min me gustaría.
Emilio,a proxima vez escolle un libro máis alegre!!