26/2/09

Intercambio cun inglés


Intercambio cun inglés
Christine Nöstlinger
Ao chegar o verán, a nai de Ewald decide que un curso de verán en Inglaterra lle será de moita axuda coa materia de inglés que non se lle dá moi ben, igual que vos pasa a moitos de vós. Grazas á colaboración da súa irmá, Ewald consegue librarse da viaxe a cambio de recibir un rapaz inglés (Jasper) de intercambio. Pero a chegada de Jasper traerá moitas sorpresas.
A autora deste libro, Christine Nöstlinger, é unha das máis interesantes autoras xuvenís pola temática nada convencional dos seus libros e polo seu estilo literario que recrea a linguaxe coloquial xuvenil. A escola, a familia e as relacións entre os mozos son os seus temas favoritos, que sempre trata con sentido crítico e bastante humor.
Naceu en Viena, en 1936 e sempre viviu nesta cidade. Ten importantes premios, como o Premio Alemán ao Libro Xuvenil, o Premio Nacional Austriaco e o Premio Andersen, que recibiu en 1984, este premio está considerado como o máximo galardón internacional en literatura xuvenil.
Pica na imaxe do libro e poderás facer algunhas actividades, espero que divertidas.

5 comentarios:

Auri dijo...

Cando escollemos este libro queríamos que pasarades uns momentos agradables e que vos rírades un pouco; tamén pretendiamos que vos sentírades algo identificados cos problemas dos protagonistas. Que vos pareceu?
Como non podo estar na xuntanza gustaríame que fixerades moitos comentarios sobre o libro para saber o a vosa opinión. A min pareceume divertido e moi faciliño de ler.

Manuel 1B dijo...

Pareceume moi divertido o libro:
INTERCAMBIO CUN INGLES.
Gustoume moito porque fala sobre os intercambios de rapaces dun sitio a outro.

!!!!!Un cordial saúdo!!!!!

adaroma dijo...

Parece que Jasper é un maleducado e un cochino que deisa as cousas todas tiradas encanto o de Ewuald pareceme mui mal porque lle terian que contar e pedirlle pinion sobre o deir para Inglaterra para un colesio ingles.

Santi 2ºA dijo...

A min o libro non me gustou moito. Pareceume un pouco aburrido porque sempre contaba o mesmo.Gustoume moito máis o de "El niño con el pijama de rayas"

Sara 3ºA dijo...

Hola!!!
Bueno, pois a min gustoume muito o libro!!! Encántanme as palabras en inglés que hai polo medio, jajaja...
A verdade é que os libros escritos popularmente están genial!!
Bueno, doume pena o final...


Pero o libro estivo genial!

Un saúdo!