13/5/09

CINE PARA FALAR
Por fin poidemos celebrar a primeira xuntanza deste curso do programa da biblioteca cine para falar. Víñamola retrasando por diversos motivos ata hoxe, que vimos "Billy Elliot".
A experiencia foi moi boa. Da gusto ver a biblioteca con pais e fillos xuntos (ou incluso sen fillos)!! Vimos a película adultos e rapaces xuntos, para logo poder falar, aínda que os máis novos hoxe non falaron moito: os 'maiores' éramos 'maioría'! Seguro que nun par de sesións máis se soltan e opinan de todo, e a ver logo como nos entendemos uns e outros A min é o que máis me apetece.
Este curso xa será difícil volver a repetir a experiencia, porque xa se acerca o fin das clases, pero o próximo ano intentaremos facer unha cada trimestre. Estades todos invitados!


3 comentarios:

Michael Pérez 1ºD dijo...

Ola pois onte estuven en cine para falar e miña nai díxome que lle gustara moito e que iva a volver en canto Hubera outro....Bueno pos a pelicula gustoume as opinións dos pais non moito pero bueno....cando Haxa outro espero volver....


Un saúdo:

Michael Pérez Riveiro.

1ºD

Auri dijo...

Logo, na clase de 1ºD, algúns rapaces e rapazas dixeron que non puideran vir porque as súas familias estaban traballando, pero que tiñan ganas de participar.
De verdade que vos tedes que animar, a película foi moi emotiva e o coloquio moi interesante. Animádevos a vir e a falar,queremos coñecer as vosas opinións.

Olga dijo...

Teño que decir que a pelicula gustoume moito ,e sobre todo por estar ca miña filla e poder comentala con ela .
Estiven moi agusto e gustoume que viñeran novos pais . Temos que repetilo mais amenudo .

Saludos Olga