13/3/10

EL CAPITÁN ALATRISTE

Arturo Pérez-Reverte


El capitán Alatriste cóntanos a historia dun soldado veterano dos tercios de Flandes que malvive como espadachín no Madrid do século XVII. As súas perigosas aventuras serven para adentrarnos no coñecemento dunha época da historia, na que a decadencia do Imperio Español vén a coíncidir cun momento inigualable da cultura El siglo de Oro.
Diego Velázquez, Francisco de Quevedo, Lope de Vega, Ruíz de Alarcón... Todos estes personaxes coinciden no reinado de Felipe IV e aparecen na novela. Este é o primeiro título dunha saga que ten como protagonista ao capitán Alatriste. Os outros títulos son: Limpieza de sangre, El sol de Breda, El oro del Rey, El caballero del jubón amarillo e Corsarios de Levante. Foron publicados entre 1996 e 2006.
Os autores son Arturo Pérez-Reverte e a súa filla Carlota.
Pérez-Reverte naceu en Cartagena en 1951. Na actualidade dedícase exclusivamente á Literatura despois de ser reporteiro de guerra para o diario Pueblo e para TVE durante 21 anos. Escribe semanalmente unha páxina de opinión no suplemento XLSemanal que se dristribúe con 25 xornais españois.
Outros títulos da súa autoría son: El maestro de esgrima, La tabla de Flandes, La piel del tambor, La carta esférica, La reina del sur... Acaba de publicar a súa última novela: Asedio.
Arturo Pérez-Reverte ingresa na Real Academia Española o día 12 de xuño de 2003.
No ano 2006 fíxose unha película, Alatriste, dirixida por Agustín Díaz Yanes, na que segundo nos explica o propio Pérez-Reverte nun documental, trata de contarnos a vida do capitán (que non era capitán) ao longo dos seis títulos. Para poder ver este documental, en tres partes tedes que picaren  parte 1, parte 2 e parte 3.

3 comentarios:

Auri dijo...

Aínda que non collín este libro con moito entusiasmo pois non é o xénero de aventuras o que máis me interesa, a súa lectura resultoume sinxela e máis interesante do que cría, pois serviume para revisar e coñecer mellor unha época da historia que tiña bastante esquecida. Algúns dos lugares de Madrid que aparecen na novela polos que eu paseara, os cadros de Velázquez que xa vira no Prado..., todo iso tamén lle daba máis interese á lectura. Entre a lectura do libro e as indagacións sobre a época para facer a entrada do blog disfrutei bastante aprendendo e revisando esta época.

Lucia dijo...

Ben,xa acabei de leelo,recordoume aqueles mosqueteros que vía en blanco e negro na tele fai muitos anos,e tampouco é a clase de lectura que me justa,pero pode pasar.Ala deberes feitos,libro e comentario,ahora a empesar o outro.Hasta pronto.

Felipe :P dijo...

Sinceramente non me gustou nada, foi o primeiro libro que non fun capaz de acabar... describía demasiado sen avanzar a historia e non soporto tanta descripción, ademáis... a novela historica non é o meu tipo