Xa me tardaba ter un tempiño para colgar aquí a entrada sobre a visita de Rosa Aneiros ao noso Club de lectura. Penso que todos quedamos moi contentos da visita da autora, e ela tamén marchou moi contenta da reunión. Acababamos de sentarnos á mesa e xa parecía que fora ela membro do noso club desde a súa fundación.
Teño que reiterar aquí (por se o les, Rosa, un encanto) que todo foron facilidades á hora de organizar a visita, que case estaba máis preocupada ela que eu porque todo saíse ben.
Non todos os escritores teñen facilidade de palabra, nin están obrigados a tela, pero Rosa foi amena, simpática, cercana e moi clarificadora á hora de falar sobre o proceso de escritura de Resistencia e outras obras. Unha gran escritora que segue cos pes na terra e nunca olvida as súas orixes. Grazas Rosa, quedamos agardando as lagarteiras.
Comentarios
Moito ánimo para todas e todos, moi boas lecturas e seguide conservando a ilusión polas palabras.
Bicos, Rosa
Vémonos. Bego.