9/4/11

EL IMPERTURBABLE HANS
Helent Grant
Lemos nesta ocasión unha deliciosa novela negra, cuxos protagonistas son nenos. O argumento sitúanos no pobo alemán de Bad Münstereifel. A súa protagonista é Pía, unha nena de 11 anos. Durante o Nadal a súa avoa explotou por mor dunha combustión (a laca do seu pelo explotou ao acender un misto). No colexio ninguén quere sentar con ela e a mestra séntaa con Stefan, coñecido como "o Apestoso". Stefan e Pía pronto se fan inseparables. Visitan ao señor Schiller, un home maior que lles conta historias de medo relacionadas co pobo e os seus habitantes...
Cando Katharina Linden desaparece, Pía e Stefan comezarán unha invetigación co fin de pescudar a súa desaparición. A desaparición doutras nenas, tamén en estrañas circunstancias, non fará máis que incrementar o misterio e as faladurías do pobo, convencido de que hai un asasino entre os veciños. Estes improvisados detectives descubrirán un misterio longamente silenciado.
É a primeira novela de Helen Grant, unha escritora alemana. Cunha prosa divertida, Grant constrúe unha fábula sobre o odio ao outro, que ten moito de lenda popular. A novela tamén reflexiona sobre a adolescencia e a incomprensión do mundo adulto (tanto Pia como Stefan perderon o apoio da súa familia, a primeira porque os seus pais están a piques de divorciarse, e o mozo porque en realidade nunca lle fixeron demasiado caso na casa), un mundo que non lles entende e que lles parece un lugar horrible. Os pequenos protagonistas ven na resolución do misterio o único xeito de lograr o recoñecemento que tanto anhelan.
Helen Grant (Londres, 1964). En 2001 mudouse coa súa familia a Bad Münstereifel (Alemaña), e inspirouse nas lendas que descubriu nesta cidade para escribir a súa primeira novela, O imperturbable Hans. Vive en Bruxelas co seu marido, os seus dous fillos e o seu gato.

4 comentarios:

Laura de öz dijo...

Parecéume un libro moi bonito, aínda que non se soupo moi ben o final; como dixemos na reunión, ''un libro cun final aberto, mui aberto''. De todos modos, eu recoméndoo a todos.ñ

IsSsSsSsA dijo...

me gusto mucho, porque a sara, marta y a mi nos pasan cosas parecidas
me gustan muxo los libros de aventuras.
IsSsSsSa

SäRäH(: dijo...

Este libro gustoume moito, ao final foi demasiado aburrido hasta o CAPITULO 36 xDèé, a partir de ahí estuvo moi9 ben, pasaron moitas cousas xuntas, moitas aventuras, misterio ahí enganchoume moitíisimo(:. Estuvo criminal ó final (:



(kekki) SäRäH *8*

FeLiPe dijo...

El libro me gusto muchísimo, no tenia ni idea de que el libro sería de asesinatos jeje...me encantó como resolvieron las cosas,... aunque no me gustó mucho el final de la historia.Vale que fuese un final abierto, pero que se tuviese que ir ahora a ese lugar... (;P) no me agradó bastante.

Bno en resumen un libro genial para leer. Bastante recomendable que hace que tengamos ganas de saber mas sobre esta autora, o bueno, esto es solo mi opinión.