29/3/12


O MUNDO SECRETO DE
BASILIUS HOFFMAN:
O ladrón de soños
"O ladrón de soños"  é unha novela de fantasía, a primeira dunha saga de 5 novelas co trasfondo común de "O mundo secreto de Basilius Hoffman".
Nesta primeira entrega coñecemos a algúns dos principais personaxes, o propio Basilius e ao seu sobriño Peter. Aparecen tamén na novela outros personaxes que probablemente teñan moito que dicir en futuras entregas. E como o propio autor nos di, aclararánse moitas cousas que aparecen insinuadas neste primeiro volume, no que poderemos viaxar no Argestes, visitar Avalon, atoparnos con lendas sobre deuses exipcios... nunha acción sen pausa que fai que o acontecido dous días atrás pareza un lonxano pasado e na que os protagonistas, ao tempo que discurre a acción, van aprendendo, cambiando, facendo a súa viaxe interior.
En realidade "O mundo secreto de Bailius Hoffman" trátase de algo máis que dunha serie de novelas de fantasía, xa que mestura, e mesturará, varios medios: temos os libros, pero temos tamén un portal web con diferentes contidos e que irá medrando co tempo, hai música, cómic...
Fernando Cimadevilla é o escritor da historia, aínda que escribir non é a súa única actividade. Tivo unha banda de música (tocaron aquí, na Ponte, hai uns anos), fundou unha editorial e abriu unha librería. Asegura ter a historia completa na cabeza, aínda que se vaia escribindo a anacos.  Iván Valladares é o responsable da magnífica parte gráfica que inclúe desde as estupendas ilustracións do libro ao deseño da páxina web de Basilius.
Entre os dous tiveron o atrevemento de facer na nosa lingua o que parecía propiedade exclusiva das grandes editoriais, plantándolle cara a proxectos do calibre de Harry Potter  e outros do mesmo tamaño. 
Ademais son xente do máis agradable como puidemos comprobar na visita que nos fixeron, da que tedes constancia aquí. Noraboa pola valentía e polos resultados obtidos. Quedamos á espera!
Encontro secreto on PhotoPeach

2 comentarios:

ariana :) dijo...

estubo ben a visita dos escritores

guadalupe dijo...

gustoume moito que os escritores nos coñezan e que nos os coñesamos