Fernando Marías

Como Cortés confiaba moito nel e era o seu aprendíz, encomendoulle a misión de infiltrase en casa dun vello amigo do capitán, Ramiro, que agora estaba no bando republicano e facer de espía para as tropas franquistas. Pero, unha vez instalado en casa de Ramiro, coñece á muller deste, Constanza, que está embarazada e pola que sentirá admiración e amor o resto da súa vida.
Cando os avións franquistas arrasan Madrid, Constanza e Ramiro morren. A súa filla, ao quedar orfa, é trasladada ao mesmo orfanato onde Joaquín viviu a súa infancia. Despois de moitos anos, este consegue atopala e acóllea baixo a súa protección.
Antes de morrer, Joaquín decide contar a súa historia nun libro e facer unha gravación do seu último voo para entregarlla á neta da súa amada e que esta coñeza toda a verdade sobre a súa avoa, a súa nai e as razóns que o levaron a protexela.
Antes de morrer, Joaquín decide contar a súa historia nun libro e facer unha gravación do seu último voo para entregarlla á neta da súa amada e que esta coñeza toda a verdade sobre a súa avoa, a súa nai e as razóns que o levaron a protexela.

POLIKARPOF I15 "chato" - avión ruso do tipo do que pilotaba por Ramiro.
Fernando Marías Amondo: Naceu en Bilbao o 13 de xuño de 1958. Con dezasete anos trasladouse a Madrid, onde traballou como realizador publicitario e guionista de televisión. Así mesmo colabora con diferentes medios de comunicación de Madrid e Euskadi.
Como guionista de televisión foi o coautor de serie Páxinas ocultas da historia para TVE en 1999. Como guionista de cine escribiu a adaptación ao cinema da súa novela A luz prodixiosa, dirixida por Miguel Fermoso e gañadora de numerosos premios internacionais, ademais de nomeada a varios Goyas da Academia, entre eles o de mellor guión adaptado.
(Se picades no nome do autor iredes á súa páxina onde hai información sobre a súa obra e se picades no título iredes á páxina do Departamento de Lingua e Literatura Castelá do IES Alt Penedés nunha entrada feita polos alumnos de 4º da ESO sobre este libro)
Comentarios
Desi :D
Ademais, penso que ese toque de misterio o fai máis "atractivo".
Sobre o escritor: gustame moito como se expresa e ese intento de ensinanza que deixa que amin, polo menos, me valeu!