18/4/12


CIELO ABAJO
Fernando Marías
Joaquín é un  neno orfo que sempre viviu coa ilusión de ser aviador desde que viu un recorte de prensa onde saía unha foto do voo do Plus Ultra. Cando cumpre 15 anos intercambia o seu destino cun compañeiro e consegue entrar como soldado nun cuartel. Alí coñece ao capitán Cortés, do que se fai amigo e logra por fín o seu soño: voar.
    Como Cortés confiaba moito nel e era o seu aprendíz, encomendoulle a misión de infiltrase en casa dun vello amigo do capitán, Ramiro, que agora estaba no bando republicano e facer de espía para as tropas franquistas. Pero, unha vez instalado en casa de Ramiro, coñece á muller deste, Constanza, que está embarazada e pola que sentirá admiración e amor o resto da súa vida. 

   Cando os avións franquistas arrasan Madrid, Constanza e Ramiro morren. A súa filla, ao quedar orfa, é trasladada ao mesmo orfanato onde Joaquín viviu a súa infancia. Despois de moitos anos, este consegue  atopala e acóllea baixo a súa protección.
   Antes de morrer, Joaquín decide contar a súa historia nun libro e facer unha gravación do seu último voo para entregarlla á neta da súa amada e que esta coñeza toda a verdade sobre a súa avoa, a súa nai e as razóns que o levaron a protexela.
 
Junker alemán utilizado nos bombardeos das tropas franquistas.


POLIKARPOF I15 "chato" - avión ruso do tipo do que pilotaba por Ramiro.

Fernando Marías Amondo: Naceu en Bilbao o 13 de xuño de 1958. Con dezasete anos trasladouse a Madrid, onde traballou como realizador publicitario e guionista de televisión.  Así mesmo colabora con diferentes medios de comunicación de Madrid e Euskadi.

Como guionista de televisión foi o coautor de serie Páxinas ocultas da historia para TVE en 1999. Como guionista de cine escribiu a adaptación ao cinema da súa novela A luz prodixiosa, dirixida por Miguel Fermoso e gañadora de numerosos premios internacionais, ademais de nomeada a varios Goyas da Academia, entre eles o de mellor guión adaptado.


(Se picades no nome do autor iredes á súa páxina onde hai información sobre a súa obra e se picades no título iredes á páxina do Departamento de Lingua e Literatura Castelá do IES Alt Penedés nunha entrada feita polos alumnos de 4º da ESO sobre este libro)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Este libro foi algo triste. Non é o tipo de libros que suelo ler, pero non estubo mal!

Desi :D

Laura dijo...

A min encantoume, sempre me gustaron este tipo de historias onde se pode "presenciar", dalgún xeito, como occorreron certos sucesos importantes!
Ademais, penso que ese toque de misterio o fai máis "atractivo".
Sobre o escritor: gustame moito como se expresa e ese intento de ensinanza que deixa que amin, polo menos, me valeu!

Tontorrona dijo...

Cielo abajo é un libro que ao principio non me gustaba. Pensei que ía ser un libro aburrido e difícil de ler. Pero en canto comecei a ler e chegar a metade do libro foime enganchando ata que non puiden parar de ler. É un libro co que aprendín e me fixen ideas de como foi a Guerra Civil. O final do libro doume algo de pena, e mesmo algunha gana de chorar. Gustoume moito como era a relación das tres Constanzas e como ía pasando as cousas dunhas a outras.

Isa :) dijo...

Este libro estuvo ben o que pasa é que o principio te liabas un pouco porque non sabias quen pertencia a cada bando na guerra.