NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte 
Nunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.
Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas propios da adolescencia, que vos interesen especialmente. Tamén aparecen no libro moitas referencias culturais, ademais dos cómics: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador…
Tes abondosa información sobre a autora no propio libro, pero podes picar no poster dixital de aquí abaixo e irás á páxina oficial de María.

Comentarios

A. JIménez ha dicho que…
Un libro de rápida lectura, que dende o primeiro momento faiche sentir na pel dun adolescente (aos que xa non o somos) e que engancha moi ben có público xuvenil.

Mantén a frescura ao longo de todo o relato e sempre queres ler un pouco máis, non queres deixas escapar nada, dende o principio.
Guadiiii ha dicho que…
Fue un libro bastante bonito cuki y todo me encantaron los personajes y además en la reunion nos desaogamos bastante jajajaja fue una reunion divertida :)
Lola ha dicho que…
eu identifiqueime bastante con Andrés.Pero a miña opinión e que Andrés pensa demasiado.E creo que moitos rapaces se sentiran identificados con algún personaxe
Aniña ha dicho que…
A min gustoume sobre todo porque eu identificome cos personaxes ademas,son adolescentes.
pablo rodriguez 1B ha dicho que…
O libro gustoume moito e ademais identificome con alguns cabreos de de andres cos seus pais.Gustoume moito o libro e pareceme ben o club de lectura.