6/5/13

CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA
Judith Kerr
Estamos en portas da II Guerra Mundial. En Berlín, o pai de Anna é escritor e xornalista de gran prestixio; pero a súa oposición ao movemento nazi poralle no punto de mira da persecución antisemita. Anna e a súa acomodada familia deben abandonar precipitadamente o seu domicilio días antes do triunfo electoral de Hitler. A súa primeira residencia será Suíza, pero os problemas económicos xorden e a  familia opta por probar fortuna en París. Esta vez a adaptación dos mozos complícase polo descoñecemento do idioma. As dificultades económicas aumentan, o ambiente escolar é tenso ante a chegada de tantos estranxeiros e a familia cambia de país e tenta establecerse en Londres; ao principio os pais propoñen ir sós e cando a súa situación económica mellore volverán a París a buscar a Anna e ao seu irmán. Os nenos opóñense porque queren que a familia estea unida nos bos e nos malos momentos.
Judith Kerr nace en Berlín no seo dunha familia xudea. En 1933 debe abandonar Alemaña fuxindo dos nazis. Instálase coa súa familia primeiramente en Suíza, para pasar logo a Francia, e, máis tarde, a Inglaterra. Finaliza alí os seus estudos de Arte, traballa como pintora, logo como deseñadora e guionista da BBC até comezar, bastante máis tarde, o seu labor de escritora. Este libro, "Cuando Hitler robó el conejo rosa", ten moito de autobiografía e nel aparecen moitos episodios reais, como a persecución dos xudeos e dos intelectuais e científicos, a confiscación de bens, a queima de libros... por non falar dos campos de concentración e exterminio que, afortunadamente, a escritora non tivo que sufrir en propia carne.
Judith Ker, até agora, publicou cinco libros, ilustrados todos por ela mesma.

1 comentario:

mireia1B dijo...

este leemolo nos en 6º estaba mui chulo