30/5/16

CARTAS DE INVERNO
Agustín Fernández Paz
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz (en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto de España. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas españolas: castelán, catalán e eusquera. Tamén ten diversos títulos traducidos ao portugués, coreano, francés, árabe e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios, en Galica, en España (Premio Nacional de Literatura) e en diferentes países, con dous títulos seus no prestixioso "Catálogo White Ravens da International Youth Library". Agustín Fernández Paz, persoa sinxela e entrañable, foi sempre un gran defensor da nosa lingua ao tempo que un gran defensor da calidade literaria da Lit. Xuvenil.

8 comentarios:

César Carvalhal 2ºA dijo...

Hola, amin o libro gustoume porque ten moita intriga no seu contido, pero ainda asi non foi o libro que máis me gustou porque non aclaraq todas as miñas dudas.

Moisés Pérez Bermúdez de 2ºA dijo...

hola, me gusto mas o menos porque no lo entendía a veces, sobretodo al final.

Alex Carril dijo...

Hola como sabedes sou Álex Carril de 2ºB e aqui vai a miña opinión.
O libro non o entendín e tampouco me gustou xa que era moi lioso e aburrido leer tanta carta pero bue hai que leer de todo porque se non non podes saber se te gusta ese xénero.

arian 2A dijo...

Non m,e gustou o libro xa que creo que non e apropiado para a nosa idade devido a que non o entendin.

Pablo 2ºA dijo...

hola son pablo de 2ºa se vos digo a verdade non me gustou este libro prefería os anteriores

Miriam 2°A dijo...

O libro gustoumme porque che deixaba ca intriga, pero leemolos mellores.

Miriam 2°A dijo...

O libro gustoumme porque che deixaba ca intriga, pero leemolos mellores.

Martín 2°B dijo...

Ola,son Martín Luaces Castro de 2°B e este libro gustoume moitísimo, pareciame unha película. Enganchoume a boa relación dos dous amigos. Doume un poco de medo cando lee o libro do faiado e atopa palabras de Socorro...
PARA O ANO MÁIS E MELLOR.