24/10/16

LAS LÁGRIMAS DE SHIVA
César Mallorquí
A historia transcorre na cidade de Santander durante un verán alá polos anos 60, cando en España aínda había unha ditadura, pero en todo o mundo empezaba un tempo de cambios profundos: o movemento hippy, a loita polos dereitos da muller, as manifestacións contra a guerra do Vietnam, os Beatles, a chegada do home á lúa...
Debido á enfermidade de seu pai, Javier, o protagonista, ten que pasar todo o verán en Santander, en casa dos seus tíos e as súas catro curmás que viven nun antigo caserón cerca da praia do Sardinero. Non lle apetece nada esta viaxe. Cando chega alí nota que a familia Obregón é moi estraña e diferente da súa. No caserón onde viven parécelle ver en ocasións un espectro ao mesmo tempo que nota un peculiar cheiro a nardos; isto mesmo ocórrelle á súa prima Violeta. Violeta fálalle da desaparición de Beatriz e do misterio das lágrimas de Shiva. Entre os dous tratan de descubrir o segredo. Ao principio lévanse moi mal, pero pouco a pouco vai mellorando a súa relación ata que ao final...
O seu autor, César Mallorquí conta así a súa vida: Nacín en Barcelona o 10 de xuño de 1953, pero o meu pai (José Mallorquí, o creador do Coyote) trasladouse a Madrid ao ano seguinte, e con el toda a familia. Cursei estudos de xornalismo na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense e desde 1970 traballei en diversas publicacións, entre elas a mítica revista O Paspallás. En 1981 cambiei o xornalismo pola publicidade e durante unha década traballei como creativo en diversas axencias. En 1991 regresei ao mundo da literatura (que abandonara durante a miña etapa de publicitario). Vivo en Madrid, estou casado e teño dous fillos. Deixei de fumar en 1986. 

Aquí tedes un vídeo coa opinón de Helena sobre o libro e outro sobre a chegada do home á lúa:

13 comentarios:

Carmen Laura 1ºB dijo...

Moi ben con algunas cousas sorprendentes pero bueno.

Erika Andrade Campaña 1ºB dijo...

Gustoume moito, ainda que di algunas palabrotas, pero estubo moi bonito

Daniel Luaces Castro 1ºA dijo...

este libro está xenial . gustoume moito sobretodo o final porque Javier lle dou un bico na boca a súa prima Violeta

Marta Baña Cerdeiras 1ºC dijo...

Encantoume o libro! Espero que o próximo sexa así de interesante e intrigante.
Xa nos adiantaron que tamén vai ser de misterio e algo de medo!! ;)

Ainhoa Gerpe 1ºA dijo...

Este libro gustoume moito espero que o leades. Din algunhas palabrotas pero biueno, está ben.

Pablo 1ºB dijo...

Este libro gustoume moito.Mais ao principio e ao final que polo medio

marco 1ºc dijo...

Mea gustado mucho sobre todo la parte en la que se asusta Javier cuando ve algo en el baño.

Jéssica 1ºC dijo...

Fue un libro muy interesante,lleno de misterios,amores prohibidos,apariciones raras...
Lo que más me gusto fue la historia de amor de Javier y Violeta.
Me gusto mucho.

Adrián dijo...

Hola son ALP a min encantoume as Lagrimas de Xiba foi un libro moi bo,de aventura apariciones e de amor foi un libro que se merece un 10 da categoría da literatura, pa min. Sebos interesa esas cousas os animo a que o leades.<3

Ángela dijo...

HOLA SON AEN e amin encantoume este libro trata sobre amores inposibles e .. bueno xa o veredes cando vos toque . ESto pasou cando franco reinaba en españa . Este libro teria que levar o premio novel porque e un libro que esta muy ben para min e un dez en toda regla este libro sin duda e un libro criminal e chulisimo bueno chao

Érika Blanco 1C dijo...

O libro está moi ben,foi un dos mellores que lein na miña vida.
O final é moi bonito e especial

Raúl Álvarez dijo...

Moi chulo. non pensaba que se enamoraran e a vella tubese o collar

ALREDO1C dijo...

GUSTOUME MOITO TEN MOITA INTRIGA