12/12/16

Cando petan na porta pola noite
Xabier P. Docampo
Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén, a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura tradicional popular.
As historias levan por título: O espello do viaxeiro, O fornadas, A loba e O cumpremortes. 
Queríades un título 'de medo', pois xa o tendes! Agora a ver se algún non dorme polas noites, que o Xabier, cando se pon, mete medo!! 
E con este libro temos sorpresa: poderedes comentalo co propio autor! Ide pensando o que vos gustaría preguntarlle, ou o que queredes comentarlle. Eu, persoalmente, pediríalle que nos contase algunha historia de medo das que el sabe, que son unhas poucas.


     Xabier Docampo naceu en Rábade, na comarca da Terra Chá (Lugo). É autor de literatura infantil e xuvenil. A súa obra Cando petan na porta pola noite foi seleccionada como unha dos cen mellores obras do século XX, e foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Xuvenil. Ten libros seus nas listas de honra internacionais como a IBBY (International Board on Books for Young People) e premios como o The White Ravens (Internationale Jugendbibliothek-International Youth Library).
Ao longo da súa traxectoria profesional meteuse en mil leas diferentes: actor, director de teatro, guionista e director de radio, vídeo e televisión, dirección de revistas de Literatura xuvenil,... Como profesor, sempre estivo relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Agora leva xa uns anos xubilado, o cal non quere decir que estea quieto...

8 comentarios:

Pablo Martínez pose 1 B dijo...

O libro CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE gústoume bastante porque eran relatos que non se entretiñan e non era tan aburrudo

Jéssica Blanco 1ºC dijo...

Este libro non me gustou moito,é un libro moi raro.
Para min CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE custoume moite lelo fixoseme moi pesado e aburrido.

Alfredo 1 C dijo...

O libro CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE non me gustou nada e moi pesado e moi aburrido cun vocabulrario raro

lucas 1ºc dijo...

Non me gustou porque era algo aburrido e non tiña bo vocabulario.

Marco 1.c dijo...

Me gusto mucho sobre todo o capitulo O FERRERO.

Dani Luaces Castro 1ºA dijo...

Non me gustou moito porque non se entendían algunhas cousas e había que volver a comenzar pero o mellor foi o capítulo de O FERREIRO.

Raúl 1c dijo...

Este libro pareceume algo raro. Había paxinas que quería que se acabase e outras que nunca acabasen. O capitulo da loba pareceume algo raro e non o entendín moi ben.

Adrián 1C dijo...

Este libro ao empezar pode que non te enteres pero si o lees despacio o entenderas xenial pero e un libro que non te podes perder