MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Xosé Neira Vilas
Resultado de imagen de memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego é o caderno no que Balbino escribe todo o que lle acontece na súa aldea. A familia do protagonista é moi pobre e traballa a terra e o gando dun Señor. Os pais de Balbino trátano coma a un maior, pero nos seus ollos aínda se pode albiscar a inocencia propia dun neno da súa idade. A  Balbino gústalle pensar o porqué das cousas e cavilar sobre o mundo. Non ten moitos xoguetes, mais é feliz , xa que se conforma con moi pouca cousa. Tampouco ten amigos e agora que moita da súa xente querida ten que emigrar a América, Balbino síntese máis solo ca nunca. Pero pronto vese obrigado, por mor dunha discusión a abandonar a súa familia e buscarse el só a vida. O único que o mantén con ilusión para seguir vivindo son esas cousas insignificantes para os ollos dun adulto, pero tan importantes para un neno.





Resultado de imagen de xosé neira vilas galegoXosé Neira Vilas naceu en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 .
Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia e traballou de contable. En xaneiro de 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela ou Ramón de Valenzuela e en 1953 funda as Mocedades Galeguistas, casa coa escritora Anisia Miranda en 1957 e funda a editorial Follas Novas. En 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña, xa xubilados, regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan co labor cultural e periodístico.

Xosé Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Premio da Crítica Española (narrativa) e premio da Crítica Galega (ensaio). Recibiu a medalla Castelao, o Pedrón de Honra, o premio Celanova Casa dos Poetas, o Premio Laxeiro, o Premio Trasalba (2004) e a Medalla de Ouro de Galicia (2015), e foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 1999.


Faleceu na súa casa de Vila de Cruces o 27 de novembro de 2015 ós 87 anos de idade.

Comentarios