EL PRÍNCIPE DE LA NIEBLA
Carlos Ruíz Zafón
O príncipe da brétema é unha novela xuvenil de Carlos Ruíz Zafón publicada orixinalmente en lingua castelá en 1993, acadando ese mesmo ano o Premio Edebé de Literatura Xuvenil.  
A historia está ambientada en xuño de 1943. Unha familia escapa da II Guerra Mundial, indo vivir a unha vila na costa atlántica. O protagonista (Max de 13 anos), e a súa irmá (Alicia, de 15 anos) coñecen a Roland, outro rapaz da vila, que lles amosa a gran cantidade de maxia e fantasía que rodea á vila, ó mar, e á súa casa. Os anteriores propietarios da casa sufrirán a persecución dun estraño personaxe ata saldar unha antiga débeda.
Aquí tedes o "booktuber"coa opinión de Carla e o "booktrailer" oficial do libro.

  


O AUTOR:
Carlos Ruiz Zafón, nado en Barcelona en 1964, é un dos autores máis lidos e recoñecidos en todo o mundo. Inicia a súa carreira literaria en 1993 con O príncipe da brétema, o primeiro título dunha triloxía da que tamén forman parte O palacio da medianoite As luces de setembro  e máis tarde Mariña. En 2001 publícase a súa primeira novela para adultos, A sombra do vento, que pronto se transforma nun fenómeno literario internacional. En 2008 publica O xogo do anxo e en 2011 O prisioneiro do ceo. As súas obras foron traducidas a máis de cincuenta linguas e conquistaron numerosos premios e millóns de lectores nos cinco continentes.

Comentarios

Marta Baña 2ºC ha dicho que…
A min encantoume este libro, esta vez Silvia superouse!!
;) ;) ;)
Unknown ha dicho que…

Ola,son Laura Caamaño Méndez de 2.C.
O libro ``El príncipe de la niebla´´ gustoume e pareceume interesante.O feito de que fose misterioso, animábache a seguir lendo ata rematalo.
En xeral o libro estivo moi ben, cambiaría algún detalle do final,pero gustoume moito.
Jéssica Blanco López 2ºA ha dicho que…
A min este libro gustoume moito, pensó que Silvia elexiu moi ben.
É de misterio e claro a min animáame a seguir lendo, tamen hai una historia de amor preciosa pero iso si o final da parexa non me gustou moito, non o merecían...
Eu recomendo este libro. Está moi ben.
Katia 2ºA ha dicho que…
A min este libro gustoume moito, pareceume moi interesante.
Pensei que Roland iba a descubrir toda a verdade e lle pediría ao seu avó unha explicación sobre todo iso.
Anónimo ha dicho que…
Moy bo libro pero gustoume máis las lagrimas de shiva e este tivo un final tráxico coa morte de Roland/Jacob.
LARA GONZÁLEZ LÓPEZ ha dicho que…
Gustoume moito o libro,era moi entretido o único que cambiaría sería o inesperado final.
Ángela 2ºB ha dicho que…
gustoume moito o libro polo romance pero o demais non me gustou o mellor personaje e o gato maligno que asusta a irina.
Nerea 2A ha dicho que…
A min encantoume o libro sobre todo as partes románticas de Alicia e Ronald