UNHA ESTRELA NO VENTO
Ledicia Costas


Resultado de imagen de unha estrela no vento A vida do protagonista xira en torno ao instituto, a profe que lle ten “manía”, a familia e un bar onde se reúnen todos para xogar ó billar. O grupo de colegas, a propia identidade dentro do grupo, o ambiente de instituto, os problemas cos pais, o amor adolescente, a rivalidade entre pandas... son todos ingredientes desta narración.Os problemas propios da idade, o enfrontamento co mundo adulto, a afirmación da propia personalidade... xúntanse a unha proliferación de conflictos que, aínda sendo ficción, sabemos que se poden dar na realidade.


Outros aspectos importantes son a presencia de personaxes do pobo xitano e a dificultade da relación cos paios, rompendo antigos prexuícios, e a introducción dun personaxe con minusvalía que ha de moverse en cadeira de rodas... Todo esto fai que ese mundo de panda adolescente amplíe as súas fronteiras e os seus problemas. Xa non son unicamente problemas persoais ou familiares senón que acaden horizontes máis amplos.
Unha historia tráxica que fará medrar a personalidade do protagonista.


Ledicia Costas fala de si mesma:
Resultado de imagen de ledicia costasNacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015, en 2017 "A señorita Bubble" e "Os arquivos secretos de Escarlatina", en colaboración co ilustrador Víctor Rivas, en 2018 "As peripecias de Extravaganzza Pérez". Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón






Comentarios

Carolina Pasantes 3ºA ha dicho que…
"Unha estrela no vento" gustoume moito.
Penso que é un libro bastante fácil de leer,xa que é unha historia que lle sucede a un rapaz ca nosa idade,e por iso a súa forma de pensar,e de actuar correspóndese coa de moitos rapaces,incluíndome a mín ,nesta idade.
O que menos me gustou claramente foi o final,coa morte de Miguel Foz.
Nerea Santos ha dicho que…
A min este libro gustoume moito porque nos ensina a que todos somos iguas, e que non ten porque haber discriminacións con ninguén, pero tamén me desgustou o seu triste final, gustaríame que rematara mellor.
Yanira Barcia 3º A ha dicho que…
Gustoume moito este libro.
Penso que é un libro moi para reflexionar moito, tamén me dou moita pena o seu final , que para min foi moi inesperado.
Gustoume moito a amizade do protagonista co seu curmán, e o que menos me gustou foi a morte de Abel e a falsedade de Maki
Helena Ameijeiras 3ºA ha dicho que…
Este libro gústoume bastante polo feito de estarlle ocorrendo esta historia a uns rapaces da nosa idade, aproximadamente. O que me pareceu un pouco mal foi o final, xa que foi un pouco surrealista chegar a ese punto.
María Lema ha dicho que…
O libro Unha estrela no vento! Gustoume moito, en que devo decir que o final para min foi moi tráxico. Quitando a última parte encantoume o libro!
Paula Romar Lema ha dicho que…
Gustoume o libro, pareceume normal porque fala sobre persoaxes da nosa idade .O que menos me gustou foi as cousas raxistas,a morte.
Anónimo ha dicho que…
A min este libro gustoume muito,excepto polo final porque non me gustou k morrera Abel xa que non tiña culpa dos problemas de Miguel,e tampouco k Maki se cambiara de grupo sendo uns dos mellores amigos de Miguel.
Andrea Romar ha dicho que…
A min este libro gustoume moito ,pareceme unha historia moi traxica ,pero gustoume moito.