DRAGAL
A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda a que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego? Un antigo medallón de metal en estado vivo, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá a Hadrián as portas para cumprir co seu destino. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá buscar nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Só grazas á amizade de Mónica, compañeira de clase no instituto, e coa complicidade de don Xurxo, o cura da parroquia, Hadrián poderá percorrer a senda que os cabaleiros da Orde de Dragal deixaron aberta para el moitos séculos atrás.

Elena Gallego Abad debutou na narrativa galega con esta primeira novela, finalist
a do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se iniciou, ademais, unha triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego.

A autora naceu en Teruel en 1969 e criouse en Verín. Traballou en diferentes emisoras de radio e tamén en varios xornais. Na actualidade traballa en Cangas do Morrazo. Xa publicou a triloxía completa Dragal, A metamorfose do dragón e A fraternidade do Dragón e xa publicou tamén o primeiro libro dunha nova trioloxía en torno ao último dragón galaico A estirpe do Dragón. Podes ver máis picando aquí.
Comentarios
Gustóume a temática xa que era capaz de mezclar cousas interesantes.
Recomendoó!
fui malo pero malo de verdad non me gustou nada