6/2/18

22 SEGUNDOS

                                                                     EVA MEJUTO
                                                                                                             






Resultado de imagen de 22 segundos
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas.


Eva Mejuto (Sanxenxo, Pontevedra, 1975) estudou Xornalisno na USC e traballou no sector editorial infantil, desde 1998 ata o 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. É docente no máster "Libro Ilustrado e Animación Audiovisual" da Universidade de Vigo e rematou a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de álbums ilustrados, traducidas a máis de dez idiomas. A novela " 22 segundos " é a súa primeira incursión na narrativa xuvenil (Xerais, 2017).

16 comentarios:

Jéssica Blanco 2°A dijo...

Este libro estuvo ben, é unha historia na que aparecen medos, triteza... É unha historia moi bonita.

Carmen Laura dijo...

O libro está moi ben e gustoume moito

Nerea 2ºA dijo...

Gustoume muito, o principio non me entreteñía muito pero despos gustoume muitisimo e non puden parar de leelo.

Cristina dijo...

o libro estuvo moi ben e foi bastante triste cando o seu a lle encontran un tumor nma cabeza

Katia 2ºA dijo...

A min este libro gustoume moito porque me parece que conta unha historia moi bonita e pareceume un libro moi interesante.

Laura Caamaño Mendez dijo...

Hola, son Laura de 2.C.Este libro gustoume moito e pareceume moi interesante.
Pareceume moi entreteñio!

angela dijo...

Ángela 2ºB
nn entendin moito o libroi pero gustoume e doume moita pena na parte de cando a nai nn acxewptaba o que lle pasdaba a sua filla pero o finaal aceptouno

LARA GÓNZALEZ dijo...

SON LARA GONZÁLEZ DE 2A E ESTE LIBRO FOI UN DOS QUE MÁIS ME GUSTOU DE TODOS OS QUE LÍN,DONLLE UN 10.

Paula Romar 3ºB dijo...

Non me gustou porque me pareceu lioso ao cambio de tempo.

Xabi Lemus 3ºA dijo...

O libro gustoume bastante xa que trata un tema moi sensible. A verdade e que non mo esperaba así.

Nerea Santos 2ºA dijo...

Este libro pareceume moi interesante e mantívome entretida durante toda a lectura. A parte gustoume o tema que se trataba xa que era moi sensible.

Jose 3ºB dijo...

Libro moi ameno e informativo sobre temas que non se tocan todos os días.

Yanira 3ºA dijo...

Pareciome un libro moi interesante, xa que conta a experiencia real de outra persoa, dunha maneira moi fácil de entender e moi amena para o lector

Carolina 3ªA dijo...

Este libro foi dos que mais me gustou,pior unha parte porque é moi faciliño de leer e tamén moi curto,e por outra parte porque trata un tema moi sensible como e a orientación sexual dunha rapaza a estas idades e non me esperaba todo o acontecido.

Paula 3ºB dijo...

Este libro gustoume moito,pareceume moi facil de leer e entenese ben.

Andrea Romar 3ºB dijo...

Este libro gustoume moito ,por varias razóns unha delas e a valentía da protagonista e mais porque e un libro moi interesante .