Resultado de imagen de as cousas claras

AS COUSAS CLARAS
Xosé A. Neira Cruz
A normalidade cotiá da vida nas clases do insti queda alterada cando abren un sex-shop nas cercanías. O profe de Literatura, Mon, proxecta unha película que a prensa califica de escandalosa. Para demostrar o contrario Mon decide facer unha proxección pública para os pais e nais.
Con tanto rebumbio, o "díxome-díxome" empeza a funcionar a marchas forzadas, con consecuencias moi negativas para o profe e para Marga e o seu compañeiro de clase, Afonso. No medio de malentendidos e desacordos coa súa nai,  Marga, coa axuda de Afonso, comenza a investigar que sucedeu en realidade para que o profe rematara no hospital. Con gran risco pola súa parte, os rapaces acaban descubrindo a verdade e chegan a saber o por que das falsas acusacións sobre o profesor e por que sufriu a paliza que o levou ao hospital. Descobren cal era o problema real que había no instituto. Claro que sabelo case lles costa a vida!


Neira Cruz naceu en Compostela en 1968. Licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información é profesor na Facultade de Ciencias da Información na Universidade de Santiago, na especialidade de periodismo. Dirixiu a revista de Literaura Infantil e Xuvenil "Fadamorgana". É un dos autores de libros dirixidos a público xuvenil (e infantil) máis relevantes do panorama galego actual.  En 1989 obtivo o premio Merlín por "Ó outro lado do sumidoiro", o seu primeiro libro publicado. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con "Valdemuller" e "Os ollos do Tangaleirón". Entre a súa produción destacan outros títulos como "O armiño dorme", ou "A memoria das árbores".

Comentarios

Iván ha dicho que…
Non me gustó y monitoreo era moi aburrido
Alba 2ºB ha dicho que…
A min o libro non me gustou moito,xa que ten un final moi aberto e un principio bastante aburrido.
Ari 2º B ha dicho que…
Gústoume bastante, aínda que o principio resultaba moi pesado e o final aberto deixaba moitas cousas ao aire.
MARTIN 2ºB ha dicho que…
Gustoume moito
Laura 2ºA ha dicho que…
O libro non está mal pero deixa o final aberto,e esta ben xa que fala da sexsualidade e é algo co que hai que vivir.
Pudo ser mellor e o vocabulario é moi díficil.
Ana 2C ha dicho que…
Non me gustou porque era moi lioso.
Anónimo ha dicho que…
NON ME GUSTOU
Cristina 2ºB ha dicho que…
O libro non me gustou porque os capítulos facianseme moi pesados.
Noa 2ºA ha dicho que…
Parcéme un libro interesante pero a mesma vez aburrido.
Fala de un tema habitual pero que todos tratamos como tabú.
Ainda así o libro gustoume moito.
Ángel O. ha dicho que…
A min o libro gustoume, pero pareceme que deixan o final moi forzado ao xuntar a Matrga e a Alfonso, e Mon e Elías quedaron demasiado desdcolgados para a miña opinión.
MARÌA ha dicho que…
MOY INTERESANTE
juan y borja 2A ha dicho que…
non me gustou moito