NUNCA SERÉ TU HÉROE
María Menéndez-Ponte 
Resultado de imagen de maría menéndez ponte
( n. A Coruña) é unha escritora galega.
Comezou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Alí, xunto cun grupo de estudantes, fundou un cinema-club, foi delegada de curso e publicou numerosos artigos en diversos xornais galegos. Antes de terminar a carreira, casou, tivo o seu primeiro fillo e mudouse coa súa familia a Nova York, onde viviu durante cinco anos e onde se licenciou na Universidade Nacional de Educación a Distancia. Despois foise a vivir a Madrid, onde se licenciou ademais en Filoloxía Hispánica.
Na década dos noventa comezou o seu labor de escritora, tanto de novela como de contos e relato curto, fundamentalmente orientados á literatura infantil e xuvenil. Moitos dos seus libros son grandes éxitos de vendas, como Nunca serei o teu heroe, polo que obtivo o Libro de Ouro no 2006 ao superar os 100.001 exemplares vendidos. Título que actualmente conta con máis de corenta edicións en distintas coleccións. En 2015 apareceu a segunda parte, Heroe ao meu pesar e no 2017 a terceira, Heroe en deportivas.
O mesmo ocorre cos libros de Pupi, un personaxe moi querido entre os nenos que ten varias coleccións.
Tamén traballou na produción de numerosos libros de texto, proxectos musicais, guións e numerosos artigos para revístaa Pais e Mestres e a periódico Escola.



Resultado de imagen de nunca seré tu héroeNunca seré tu héroe é una novela realista sobre os conflitos adolescentes escrita de forma autobiográfica. Andrés é un adolescente que está farto do instituto, dos grans, da incomprensión de seus pais, da plasta da súa irmá, do “pijo” de Jorge, da vida en xeral e do profesor de historia en particular. A súa maior afección é debuxar cómics. A súa noiva Sara comeza a saír co mozo máis “pijo” da clase. A súa familia non está pasando por un bo momento, xa que o seu pai queda no paro. No libro trátanse unha serie de temas como: o amor, a amizade, as relacións familiares, a posibilidade dun embarazo non desexado, os grupos neo-nazis, os profesores do instituto…
Andrés demostrará á súa familia e aos seus amigos e amigas que é unha gran persoa. Tamén conseguirá un dos seus soños: gañar un concurso de cómics.

Esta novela pode axudarnos a que falemos de temas propios da adolescencia, que vos interesen especialmente. Tamén aparecen no libro moitas referencias culturais, ademais dos cómics: Sherlock Holmes e Watson, a Celestina, Hitler, O capitán Trueno, o Cid Campeador

Comentarios

Álvaro 2ºA ha dicho que…
Foi o mellor libro ata agora. Ver como aparecen problemas e como se solucionan e melloran paréceme fascinante. Tamén mola que se conserve o humor mentres se fala de cousas turbias.
Laura 2ºA ha dicho que…
Paréceme un libro moi interesante, no cal se falan cousas que nos están pasando na adolescencia, e tamén parece ben que se fale destas cousas, xa que pasan de ser percibidas pero están sempre nesta etapa.
Recomendoo.
Bineta Thiam ha dicho que…
Gustoume pero pareciome mui largo de ler.