RAPAZAS
Agustín Fernández Paz                                        


Resultado de imagen de rapazas agustin fernandez paz pdfAs protagonistas dos sete relatos que integran este volume son raparigas que se atopan nesa etapa en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia. Mozas nunha idade difícil, enfrontadas por vez primeira á complexidade da vida, e cuxos problemas e vivencias cotiás aparecen reflectidos con gran autenticidade, nunhas historias que sorprenden, intrigan e emocionan. Os relatos percorren diferentes xéneros narrativos: desde a ciencia ficción ao misterio, pasando por historias de corte realista… Escrito nunha prosa clara e directa, é un libro de lectura moi amena, que contén ademais interesantes puntos de vista sobre temas como o feminismo ou o racismo.

Que ocorre cando alguén mantén unha estremecedora relación cunha pantasma? Cal é a misión que trae a un extraterreste ata o noso planeta? Que secreto garda unha misteriosa pedra enterrada na area dunha praia? Como enfrontarse ao racismo e á discriminación de xénero? Temos poder para cambiar unha realidade que non nos gusta? Preguntas como estas son as que fixeron nacer os relatos deste libro: contos de amor, de medo, de ciencia ficción, realistas… Sete historias moi diversas, pero cun fío común: todas elas teñen a unha rapariga como protagonista.
Resultado de imagen de agustín fernandez paz

Agustín Fernández Paz

 (Vilalba, Lugo, 29 de maio de 1947-Vigo, Pontevedra, 12 de xullo de 2016) ​ foi un escritor español en lingua galega. Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EGB (a actual Educación Primaria) no Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña) e en diferentes centros, e máis recentemente como profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2 de Vigo ata a súa xubilación en 2007, gañando ao ano seguinte o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Os libros de Agustín Fernández Paz obtiveron numerosos premios, tanto de ámbito galego como español (Lazarillo, Edebé Xuvenil, Barco de Vapor, Merlín, Protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do ano (en 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia; en 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén obtivo en tres ocasiones o premio ao mellor libro infantil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro Ou único que queda é ou amor  obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España.

Comentarios

Adrián 3B ha dicho que…
Este libro gustame moito, e fala tamen das desigualdade de xenero e un chiste que me gusta moito e rapaces e rapazas en vez de rapaces. Pero o libor esta moi ven e divertido solo que o ultimo conto da moitos calafrios.
Jéssica Blanco 3ºA ha dicho que…
A min este libro gustoume moito.
Fala tal cal somos os adolescentes hoxe en día.
Pero desatacaría sen dúbida a última historia que ao rematar de lelo deixoume cun calafrío no corpo.
Izaskun 3ºC ha dicho que…
o libro gustoume bastante, a idea de facer varios contos nunca me gustou, pero este libro en concreto gustoume bastante, en concreto o de o curso con Ana, xa que me din conta de que realmente incluso coa linguaxe temos un certo machismo.
o libro en si estivo bastante entretido e a verdad eque é moi fácil de leer, incluso eu que estiven en medio de un paron lector me axudou bastante.
Marta Baña 3ºB ha dicho que…
Páxina 99, para nada esperaba esta resposta de parte da avoa de Marta, a pesar de que a súa mentalidade claramente era un pouco máis antiga, foi moi inesperado a verdade.
Sintome demasiado identificada coa mentalidade de Ana (no relato: "Un curso con Ana".
Anónimo ha dicho que…
O libro en xeral pareceume bastante etretenido e moi ameno de forma que se pode leer nunha soa tarde(que non o digo por dicir).Ademasis de que algunha das historias mantenche bastante enganchado.En particular as historias que mais me gustaron foron "Visistante das estrelas","Un curso con ana" e "Duas rosas murchas".