RAPAZAS
Agustín Fernández Paz
As protagonistas dos sete relatos que integran este volume son raparigas
que se atopan nesa etapa en que se abandona a infancia e comeza a adolescencia.
Mozas nunha idade difícil, enfrontadas por vez primeira á complexidade da vida,
e cuxos problemas e vivencias cotiás aparecen reflectidos con gran
autenticidade, nunhas historias que sorprenden, intrigan e emocionan. Os relatos percorren diferentes xéneros narrativos: desde a ciencia ficción ao misterio, pasando por historias de corte realista… Escrito nunha prosa clara e directa, é un libro de lectura moi amena, que contén ademais interesantes puntos de vista sobre temas como o feminismo ou o racismo.
(Vilalba, Lugo, 29 de maio de 1947-Vigo, Pontevedra,
12 de xullo de 2016) foi un escritor español en lingua galega. Licenciado en
Ciencias da Educación, traballou como profesor de EGB (a actual Educación Primaria) no Colexio Fogar de Santa Margarida (A Coruña) e en diferentes centros, e máis recentemente como profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2 de Vigo ata a súa xubilación en 2007, gañando ao ano seguinte o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Agustín Fernández Paz

Que ocorre cando alguén mantén unha estremecedora relación cunha
pantasma? Cal é a misión que trae a un extraterreste ata o noso planeta? Que secreto garda unha misteriosa pedra enterrada na area dunha praia? Como enfrontarse ao racismo e á discriminación de xénero? Temos poder para cambiar unha realidade que non nos gusta? Preguntas como estas son as que fixeron nacer os relatos deste libro:
contos de amor, de medo, de ciencia ficción, realistas… Sete historias moi
diversas, pero cun fío común: todas elas teñen a unha rapariga como
protagonista.
Agustín Fernández Paz
Os libros de Agustín Fernández Paz obtiveron numerosos
premios, tanto de ámbito galego como español (Lazarillo, Edebé Xuvenil, Barco de
Vapor, Merlín, Protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño
Sarmiento, Xosé Neira Vilas…). Foi recoñecido dúas veces como o mellor autor do
ano (en 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia; en 2007, pola Asociación
Galega de Editores). Tamén obtivo en tres ocasiones o premio ao mellor libro
infantil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu
libro Ou único que queda é ou amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España.
Comentarios
Fala tal cal somos os adolescentes hoxe en día.
Pero desatacaría sen dúbida a última historia que ao rematar de lelo deixoume cun calafrío no corpo.
o libro en si estivo bastante entretido e a verdad eque é moi fácil de leer, incluso eu que estiven en medio de un paron lector me axudou bastante.
Sintome demasiado identificada coa mentalidade de Ana (no relato: "Un curso con Ana".