A PRAIA DOS AFOGADOS
Domingo Villar

Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, editada por Galaxia, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións non cumpridas.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de Auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña

Comentarios

Nerea 4ºA ha dicho que…
Este libro pareceume moi interesante e pouco previsible xa que o final é inesperado e mantense a intriga ata o final. Tamén me gustou como o autor xoga coas palabras ao comezo de cada capítulo e como as relaciona co contido de cada un. A súa historia é moi enttretida e gustaríame ler máis libros coma este.
Vanina ha dicho que…
O libro pareceume moi interesante, con fantásticos xiros argumentais e mantendo a tensión ata o final
Jose 4ºA ha dicho que…
Gustoume o libro, era moi entretido de ler.
Carol 4ºB ha dicho que…
ESTE LIBRO DE MOMENTO É DOS MEUS FAVORITOS DO CLUBE DESTE ANO,PORQUE CONTA UNHA HISTORIA MOI INTERESANTE E AINDA QUE A MIN NON ME GUSTEN AS HISTORIAS DE INTRIGA ESTA PARECEUME MOI INTERESANTE.ADEMAIS TAMÉN ME GUSTOU QUE A HISTORIA OCURRISE EN GALICIA XA QUE SE CONVIRTE MÁIS ESPECIAL.
xabi ha dicho que…
O libro gustoume moito pero paréceme que ao final desenvólvese mal, polo resto sen fallo
Yanira 4ºA ha dicho que…
Este libro gustoume moito pola súa maneira de manter a intriga, tamen me gustou o compañeiro de leo caldas, xa que da o momento gracioso en momentos de tensión. O que non me gustou foi que era moi longo e a maneira de rematar o libro.
César 4ºB ha dicho que…
Foi dos libros que máis me gustaron dos que limos este ano. Sobre todo destacar o preceso de investigación que tivo que facer o inspector Caldas e o seu compañeiro.
Helena ha dicho que…
Este libro gustoume moito, pareceume entretido e moi interesante a historia que se conta. Tamén me gustou que falase de lugares en Galicia porque me resultou familiar coñecelos.
Unknown ha dicho que…
Amin gustoume moito o libro debido a intriga ata o final, o que menos me gustou foi que non explicara mais a súa relación con Alba.
Polo resto encantou.
Paula Romar ha dicho que…
O libro gustoume moito pola intriga asta o final.