O lapis do carpinteiro
Manuel Rivas
Resultado de imagen de lapis do carpinteiro libro
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.



Resultado de imagen de manuel rivas galego

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e  xaponés.









Comentarios

Nerea ha dicho que…
Este libro pareceume moi interesante ainda que xoga demasiado coas metáforas pero gustaríame lee más libros coma este.
Yanira ha dicho que…
Pareceume unha novela moi complexa,e difícil de leer, pero ten unha historia moi bonita e cun contexto histórico muy amplio.
Gustoume a introducción do lápiz durante a historia
Vanina ha dicho que…
O libro ten unha historia moi bonita ainda que é bastante complicado e tardase un pouco en coller o fío da historia. Ainda así pareceume interesante.
Xabi L ha dicho que…
Non estou afeito a ler este tipo de libros pero aínda así gustoume e recoméndoo.