A MANSIÓN DOS PAMPÍN
Desta volta tocounos a lectura de cómics, un que lemos todos e outro da nosa escolla entre os nosos personaxes favoritos da historieta. O que lemos todos é este dun dos máis importantes autores de cómics que ademais é galego: Miguelanxo Prado. Se picas arriba no seu nome entrarás na súa páxina.


Moitas veces acontécennos situacións absurdas que non por iso deixan de ser reais. Un cómic cheo de ironía e humor que non podes perder.
Este libro fala sobre as desfeitas urbanísticas no país, foi encargado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a Miguelanxo Prado para a súa difusión nos institutos.
Aquí tes algunhas imaxes doutros personaxes de cómics coñecidos: Pepe Gotera e Otilio,
Corto Maltés e Lucky Luke.


Comentarios
O libro non é que me gustara moito pero aínda así non estuvo tan mal é moi fácil de leer, e é moi interesante