Club 4ºESO. Abril 2022

 

APLICACIÓN INSTANTÁNEA


CARLOS NEGRO

Resultado de imagen de aplicación instantánea

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas. Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado.Síguenos en Instagram: 
 @aplicacion_instantanea.

Carlos Negro.jpgCarlos Negro Romeronado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.
É profesor de lingua e literatura galega. Ademais de participar no 2003 proxecto colectivo "Negra sombra", unha intervención poética contra a marea negra, ten colaborado en diversas revistas de literatura e poesía, entre as que se encontran Ólisbos e Dorna, así como nos boletíns literarios promovidos pola Fundación A Solaina de Piloño (Vila de Cruces).
En xuño de 2018 gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil con Aplicación instantánea, o xurado destacou da obra que "ante presenza das pantallas e da tecnoloxía, a sociedade actual precisa máis ca nunca a poesía. Por iso o xurado valora desta obra, entre outros aspectos: a orixinalidade, a calidade literaria, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu apoderamento, así como da cultura e lingua galegas,
Escribíu obras poéticas como; Makinaria (2009), Penúltimas tendencias (2014), Masculino singular (2016), Tundra (2017) e Aplicación instantánea (2018).

Comentarios