Club 4ºESO. Maio

 

 CLUB DE LECTURA DE 4º DA ESO. MAIO 2022



E si, rematáronse as sesións dos Clubs de lectura de 4º da ESO coa lectura do manga "Boy Meets Maria". Este manga, elexido coa axuda das alumnas voluntarias da Biblio que sempre nos axudan coas súas suxerencias e ideas, foi escollido porque era un manga dun só tomo e porque contaba unha historia de amor e de amizade no que a aceptación da diferenza xogaba un papel fundamental. Durante a sesión do club saíron moitos temas de interese, como sempre ocorre con este grupo que ten tanto que dicir e compartir. Un pracer ter recorrido lecturas con vós ao longo de todo este ano! Continuade a ler!

Comentarios