O CLUB DA CALCETA

María Reimóndez
Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia, desde diversos puntos de vista, que van deixando ver os fíos dunha sociedade machista.
A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que, desde as súas diferenzas, atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo provocando a sonrisa, a autora do "Club da calceta" ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa, provoca unha profunda reflexión sobre a condición feminina.
María Reimóndez naceu en Lugo e é tradutora e intéprete de profesión. O seu primeiro libro publicado foi "Moda Galega". É autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos. Unha das sús obras máis lidas é "Usha", de literatura infantil e xuvenil.
Ademáis de escribir María Reimóndez leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realiza a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, funda a ONG IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO, que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía, con proxectos de desenvolvemento integral e cun claro compromiso pola non discriminación das mulleres como base para un mellor futuro nos lugares nos que traballan. Podes ver as crónicas que envía desde Etiopía picando aquí.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Eu non quisera adiantar a miña opinión, pero non será que o serxei da María, quedoulle algo "corto de mangas"?
Anónimo ha dicho que…
Eu, máis que do libro, quero falar da reunión, que estivo moi ben e deu para moito. E eso por non falar do biscoito de Olga! (que medo cando me toque a min)
Anónimo ha dicho que…
Parecía que o libro non ía dar que falar e vaia se deu... A xuntanza estivo moi animada. Animádevos e facede os vosos comentarios.
Anónimo ha dicho que…
Xa sei que son un pesao, pero vou tentar "abrir brecha", a partir da calcetada do outro día.
Paso de lado polo excelente ánimo, a gran motivación e un marabilloso "fair-play" que inundaron o ambiente (nin unha soa agulla asomou por alí). O que, por certo, creo debe estar relacionado coa profusión de femias.
Quisera determe en algo do que había certo consenso, e eu o retomo con esta formulación: as rapazas do século XXI non avanzaron moito na súa loita pola igualdade de xénero, pero si que avanzaron (e moito!) na copia descarada das mellores "virtudes" masculinas: preguiza, desafecto, prepotencia, malfalar, hábitos do "-eo" (fumeteo, botelleo, pastilleo, mecabreo...) e, como non, seguir considerando que de maiores se cura a "enfermidade".