O Raio Veloz
Agustín Fernández Paz (Ilustracións de Andrés Meixide)
(N-869 / FER / rai)

Adrián, aos seus 26 anos, vivía só, sen ter a quen amar nin ser amado. Aínda seguía á busca dun emprego que lle permitira ser feliz facendo máis feliz á xente anónima coa que se cruzaba cada día. Enterouse dunha oferta de traballo nunha empresa de mensaxería, O Raio Veloz, e foi á entrevista. Así comezou a súa oportunidade de axudar á xente. Cando tiña encargas que facer cambiaba as cousas do xeito que el pensaba que a xente sería máis feliz.
E unha tarde recibiu el unha gardenia en agasallo, acompañada dunha tarxeta misteriosa que indicaba que o amor verdadeiro só se presenta unha vez na vida. E en días sucesivos leváronlle maís envíos sorprendentes: doce rosas cuns versos de Eluard, a poesía completa de Cunqueiro, un cd de jazz, unha caixa de bombóns, o dvd de “Días de radio” e finalmente un camelio noviño. Cada paquete traía unha tarxeta e entre todas compoñían un xeroglífico que...
Un dos escritores máis recoñecidos, máis valorados e máis traducidos a outros idiomas, Agustín Fernández Paz é mestre ademais de escritor. Gran parte do seu labor está adicado á defensa do noso idioma e ao seu ensino. Participou activamente, moitas veces como membro fundador, nos movementos de renovación pedagóxica en Galicia. Tamén é co-director da colección de literatura Merlín. Por suposto podes atopar outros títulos seus na biblioteca do insti. Tes máis información sobre Agustín aquí.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
ola son michael do club de lectura gustoume muito!!!
eston deseando volver...!!!

desde oxe o meu nick sera: "arao pequeno".

saudos!!!
Anónimo ha dicho que…
Eu andaba a buscar ó meu pequecho e resulta que estaba "perdido entre os libros".Michael, deixa unhas pedriñas para a volta!
Anónimo ha dicho que…
como unhas pedriñas mama arao...???

porfavor contesta... :)