Unha de cine
Na reunión que celebramos hoxe os do club de lectura Arao-adultos non comentamos ningunha lectura; vimos a película "De amor y de sombra", baseada nun libro de Isabel Allende. Unha película que conta unha historia de amor que se desenvolve en medio dunha situación moi dura, en plena represión da dictadura chilena. Obviamente os comentarios posteriores fíxeronnos retroceder uns anos, non tantos, na historia do noso propio país. O que levamos andado en tan pouco tempo!
Menos mal que, como outras veces, o bon facer das asistentes "endulzounos" a sesión.

Comentarios