Cando petan na porta pola noite
(Xabier P. Docampo)
Logo dunha reflexión inicial do autor sobre o gusto pola narración oral, que inclúe o recoñecemento a seu pai como gran contador de historias, reúnense catro historias de medo co desexo de que o lector sexa tamén dono do seu propio medo e as faga súas, para contalas tamén, a xeito de transmisor oral, continuando o fío da literatura tradicional popular.
As historias levan por título: O espello do viaxeiro, O fornadas, A loba e O cumpremortes.
Queríades un título 'de medo', pois xa o tendes! Agora a ver se algún non durme polas noites, que o Xabier, cando se pon, mete medo!!

Comentarios