La brújula dorada
La brújula dorada” é a primeira parte da Triloxía "A Materia escura". Esta fantástica aventura transcurre nun mundo paralelo ao noso, onde a tecnoloxía e a forma de vida evolucionaron de xeito diferente, aínda que, á vez, similar. Pero hai algo completamente estraño nese universo: as almas das persoas, ou as súas personalidades, maniféstanse como pequenos animais, os daimonions, que mentres son novos poden cambiar de forma. Tamén existen osos acorazados, grandes guerreiros do Norte, e bruxas, que sucan os ceos montadas nas súas "nube-pino". Este mundo está rexido polo todopoderoso Maxisterio, que pretende controlar as vidas, e os pensamentos, de todo o mundo… e de todos os mundos.
A novela narra a historia de Lyra Belacqua, que posúe unha brúxula dourada, o Aletiómetro, que aprende a interpretar e que lle indica sempre a verdade. Lyra acaba viaxando cara ao norte para salvar ao seu mellor amigo, ou eso cre ela... porque pronto descubrirá o seu verdadeiro destino.

Esta é unha historia de aventuras, pero, como a case todos os libros, podemos buscarlle 'algo máis'. Que opinas das intenciós do 'Maxisterio'? Como se nos presenta a Sra. Coultard e como é realmente? E que dicir da defensa da liberdade e da verdade que fai constantemente Lyra?... e tantas outras cousas!
Por certo que xa sabedes que se queredes rematar a historia, tedes os dous seguintes libros na biblioteca.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Mmmm.... Haber qué dicir...
Pois que o Maxisterio non ten sentido! Non sei porque quere separar aos daimonions dos seus compañeiros (rapaces e rapazas, se é un home ten unha daimonions e o contrario)... Aínda por riba morrían os rapaces ao pouco tempo! Parecían zombis. A señora díefa d ser boa, pero é a jefa dos malos! Jaja...
E... Que Lyra é unha genia! Minte a todo o mundo a cre.
Bueno, a película está muito mellor que o libro! Jajaja... Éste parece un dos únicos casos para min.
Anónimo ha dicho que…
Eu non lein o libro pero vin a pelicula esta muy ben..e no final encantame como acaba bueno eu non conto nada mas adios!
Anónimo ha dicho que…
A min este libro non me gustou moito porque era moi longo e polo medio tiña moita fantasía. Gustoume moito máis a película.