A NOITE D'O RISÓN
Gonzalo Moure
Hai corenta anos, nun bar de pescadores, chamado O Risón, dunha vila da costa do Cantábrico na desembocadura do río Eo, nunha noite de treboada, coma non se lembra outra, un grupo de mariñeiros atrapados polo temporal e varios personaxes misteriosos, comezan a contar historias sobre tormentas, naufraxios e mortos. Xunto a eles, o protagonista, unha persoa allea ao mar que non pode regresar á súa casa por mor do temporal, pasará unha noite inesquecible, na que as súas lembranzas se mesturan cos relatos escoitados en boca dos mariñeiros.
Trátase dun libro moi imaxinativo no que o autor, Gonzalo Moure, cóntanos varias historias de medo non apropiadas para ler nas noites de treboada: un mariñeiro decide amputarse un dedo para fuxir das voces de ultratumba, outro naufraga nun barco aos pés dun faro enchendo de ratas a costa... Son historias nas que o autor consegue espertar a nosa imaxinación. Ides alucinar con elas!
Gonzalo Moure na súa páxina web cóntanos entre outras cousas: "Nací en Valencia, vivo en Asturias, me siento también saharaui, es decir: ciudadano del mundo. Al principio escribía en un ambiente propicio, pero prefiero viajar: ahora escribo, más y mejor, en aviones, trenes, cafeterías y salas de espera. Lo que escribo se llena, entonces, de la vida en ebullición que me rodea". Se queres visitar a súa páxina pica na súa fotografía.

Comentarios

LuisCamelle ha dicho que…
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
LuisCamelle ha dicho que…
Unhas historias de misterio e intriga que me gustaron moito.Identificome coa escena e cuns alguns contos que relatan,pois na miña infancia e nas nosas aldeas de porto de mar os contos de algúns vellos na taberna nos deixaban moi fascinados.Moi ameno o libro e as historias,tamén chama a atención que o escribiu agardando no aeroporto.Gustoume....
Adrián Lado Andrade. ha dicho que…
Eu non lin o libro porque non me gustou nada..pero ben lin o principio, agora non podo seguir escribindo porque teño que marchar para proa.

chao


aDriiToo!* 3
Noelia Pose ha dicho que…
Este libro non me gustou moito porque é de medo e non é o meu tipo de historias.
Ademáis tiña demasiadas descripcións longas.
Maeva ha dicho que…
Pareceume interesante, pero moito medo non dou. A verdade é que calquera libro que lea se lle poño ganas e interese engánchame case sen querer. Maeva
Fabio Romar ha dicho que…
Non acabei de ler o libro pero estuvo interesante , dicían que daba medo pero a min non mo dou.
Rosario 1ºA ha dicho que…
Foi algo interesante,non acabei de lelo. Gustoume cando chegou ao bar e empezaron a contar historias de medo.A min non me dou medo,bueno doume un pouco de noxo algunhas historias.
Sandra Blanco ha dicho que…
A min gustoume un pouco o libro pero algunhas historias non me gustaron.Espero que a outra xente lle guste máis ca min.

CHAO
Roi Chans Gerpe 4ºA ha dicho que…
Non está moi mal aínda que non me enterei na primera lectura e tiven que buscar no diccionario algunhas palabras que non sabía exactamente o que significaban pero en xeral é un bo libro.
Mónica Romero Crujeiras 2ºB ha dicho que…
A min non me gustou moito, pero a verdade e que non o lin todo lein a metade pero o pouco que lein non me gustou.A ver si este me gusta mais jeje.


MONYY