7/4/10

CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO
Jordi Sierra i Fabra
Silvia, estudante de Medicina, marcha á India durante un verán para traballar como cooperante nun hospital dirixido por unha doctora española. Ao facelo, enfróntase cos seus pais e co seu noivo, e toma así unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por unha banda Arturo, o seu noivo, que a espera en España; por outro Leo, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, un hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.
O autor, Jordi Sierra i Fabra, naceu en Barcelona. Comeza a escribir con 8 anos e aos 12, escribiu a súa primeira novela longa, de 500 páxinas. Traballou como comentarista musical e director de revistas de rock. Ten unha extensa obra que (alcanza os 400 libros escritos) e obtivo multitude de premios. En 2006 e 2010 foi candidato ao premio Hans Christian Andersen, representando a España. Viaxeiro impenitente, a súa obra nútrese moitas veces das súas propias vivencias ao longo e ancho do mundo. En 2004 creou a Fundación Jordi Sierra i Fabra en Barcelona, destinada a promover a creación literaria entre os mozos de lingua española. Cada ano convoca un premio literario para menores de 18 anos. Pica no cartel de abaixo para ver algunhas curiosidades sobre a India:

8 comentarios:

*manu_k-my** dijo...

O libro gustoume, pero o primeiro é o primeiro, era mellor que acabra con Leo.Está ben xa que trata da vida na India e do corazón que ten unha persoa voluntaria ao atreverse a ir a un sitio tan lonxe sen cobrar nada, solamente polo gusto de ver un sorriso na cara dunha persoa ao se curar, e aínda máis ao ser ela de unha familia de boa bolsa.

Está moi ben!!

Probade alelo,
HAI NA BIBLIOTECA, DISPOÑIBLES!!!!

mony dijo...

O libro estubo ben pero ela tiña que acabar con Leo.Aver si o autor fisera outra parte que quedara con Leo a ver si queda .

Maeva dijo...

O libro estivo criminal, pero non me pareceu ben que Silvia quedara con Arturo cando lle chamaba "miss ONG". Pero en fin eche o que hai!!!.

Anónimo dijo...

O libro estivo moi ben pero Silvia tiña que haber sido mosa de León.
Aoparte de iso gostoume moito!

Xaquín dijo...

Ando algo perdidiño: collín billete Barcelona-Bombay, pero casi me sinto en Zaragoza.
Espero que sexa aquí onde queredes que escribamos.
No libro non pasei da Italia, pero me está caendo ben esta Silvia.
Cando pase da Turquia volvo por aquí.

safira dijo...

Eu teño que recoñecer que me estaba gustando; o feito de que alguen vaia a un lugar descoñecido, con unha cultura tan diferente, cunha labor hunanitaria tan importante, sen medios, onde achegas o teu tempo,as túas gañas de axudar, de crecer humanamente, de adquirir coñecementos, etc, me resultaba gastante agradable de ler. Agora ben,no tocante ao tema do corazón, creo que foi bastante covarde, conformista e pouco atrevida a dar unha oportunidade a pasión, ao desexo. Non creo que alguen que non sabe valorar como persoa, chegase a ser un bo compañeiro de viaxe dunha longa travesía.

PATY dijo...

Gustoume o libro, ainda que o final non debería quedar tan aberto.Mañán falamos.

Chispas dijo...

http://www.youtube.com/watch?v=SSXPh-UbQWI&feature=fvst