ENTRAÑABLE XABIER
Algúns tivemos a sorte de tropezarnos, nos comenzos da nosa andaina profesional, con xente como Xabier Docampo. Logo resultou que o mundo lle recoñeceu o seu saber facer e a calidade literaria das súas obras. Xente coma el, como Agustín Fernández Paz, reabriron o mundo da literatura galega e foron quen de levar a literatura xuvenil feita aquí á categoría que hoxe se lle recoñece nos foros especializados de todo o mundo. Pero o mellor non é eso, o mellor é que Docampo segue a ser Xabier: lúcido, entrañable e amigo dos amigos.
Unha delicia ter outra vez na biblioteca a mestura de clubs de lectura, alumnos e adultos, e a Xabier falando para uns e para outros.

Comentarios