28/11/10

A CABEZA DA MEDUSA
Marilar Aleixandre
Inspirándose no mito grego da medusa a escritora Marilar Aleixandre publica esta novela que foi premio da Fundación Caixa Galicia no ano 2008.
Nela cóntasenos a historia de Lupe e Sofía, dúas estudantes de 2º de Bacharelato que son violadas ao voltar dunha cea de entroido cos seus compañeiros de instituto. Ao igual que Medusa, as dúas rapazas descubrirán como moitos non se atreven a miralas de fronte e sufrirán debaténdose entre denunciar a agresión ante a xustiza ou renderse ante as presións do entorno, especialmente dos seus propios compañeiros. Ambas semellan ser para algúns as culpables pola súa indumentaria ou polo feito de subir nun coche cuns descoñecidos. Para outros está claro que son as vítimas.
A autora fai un acertado tratamento do mito da Medusa, no que, ao igual que en moitas sociedades actuais, castígase á muller agredida e non ao agresor.
MEDUSA. Medusa foi unha fermosa sacerdotisa do templo da deusa Atenea que entregara a ela a súa castidade, pero foi violada polo deus dos mares, Poseidón. Como castigo Atenea converteu os seus fermosos cabelos en serpes e fixo que calquera que mirase a súa cara quedase convertido en pedra. Se queres saber algo máis sobre este mito pica no enlace anterior.

No hay comentarios: