O RAIO VELOZ
Agustín Fernández Paz (Ilustracións de Andrés Meixide)
(N-869 / FER / rai)

Adrián, aos seus 26 anos, vivía só, sen ter a quen amar nin ser amado. Aínda seguía á busca dun emprego que lle permitira ser feliz facendo máis feliz á xente anónima coa que se cruzaba cada día. Enterouse dunha oferta de traballo nunha empresa de mensaxería, O Raio Veloz, e foi á entrevista. Así comezou a súa oportunidade de axudar á xente. Cando tiña encargas que facer cambiaba as cousas do xeito que el pensaba que a xente sería máis feliz.
E unha tarde recibiu el unha gardenia en agasallo, acompañada dunha tarxeta misteriosa que indicaba que o amor verdadeiro só se presenta unha vez na vida. E en días sucesivos leváronlle maís envíos sorprendentes: doce rosas cuns versos de Eluard, a poesía completa de Cunqueiro, un cd de jazz, unha caixa de bombóns, o dvd de “Días de radio” e finalmente un camelio noviño. Cada paquete traía unha tarxeta e entre todas compoñían un xeroglífico que...
Un dos escritores máis recoñecidos, máis valorados e máis traducidos a outros idiomas, Agustín Fernández Paz é mestre ademais de escritor. Gran parte do seu labor está adicado á defensa do noso idioma e ao seu ensino. Participou activamente, moitas veces como membro fundador, nos movementos de renovación pedagóxica en Galicia. Tamén é co-director da colección de literatura Merlín. Por suposto podes atopar outros títulos seus na biblioteca do insti. Tes máis información sobre Agustín aquí.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
encantoume este libro,gustoume cando o rapaz lle axudava os demais e buscaba un traballo para iso =)
guadalupe ha dicho que…
Me gusto mucho O RAIO VELOZ y por que Adrian es un tipo muy alegre y ademas me gusto que halla conocido a directora es muy buen libro os la recomiendo
juan ha dicho que…
este libro gustoume moito e como o outro non o puden ler este e o meu favorito
Anónimo ha dicho que…
este libro non e tan bo como pensaba