16/1/12


O SEÑOR IBRAHIM E AS FLORES DO CORÁN

Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
Máis que unha novela, trátase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.

Se queres podes entrar na páxina oficial do autor e visionar a versión cinematográfica da novela.

5 comentarios:

isa!! :D dijo...

Gustoume pero non é dos que máis me gusta, gustoume máis o de "Noite de voraces sombras" ou "El castillo ambulante".
Isa (:

Saaara(: dijo...

Gustoume mooito este libro,fixome reflexionar sobre eso


Saara(:

c c dijo...

Este libro e muy bonito e gustame muito e tamen sirve para reflexionar das cousas da vida.

anonimo dijo...

chinaa!!!!! e villarina tan xuntas

ZeeL! :D dijo...

Este libro non foi dos que mais me gustaron, serveume pra entender algo sobre a madurez e alguns aspectos da vida, pero persoalmente non foi moi divertido.