TRISTES ARMAS
Marina Mayoral
Durante a Guerra Civil Española, Miguel e Carmiña, combatentes no bando republicano, deciden enviar ás súas fillas a Rusia para afastalas dos perigos da contenda. As nenas, Harmonía e Rosa, deben aprender a vivir separadas da súa familia e da súa patria, e a súa historia convértese nun claro exemplo do horror e a tristeza que acompañan a todas as guerras.
As dúas irmás refuxiadas en terras moscovitas, se crían alí alleas a todo o que en España está a ocorrer neses momentos: a morte do seu pai na fronte, a difícil vida da súa nai viúva... A única ligazón das nenas coa súa familia é unha carta que, polos avatares do momento, tarda corenta e cinco anos en chegar ao seu destino.
O desenlace da novela preséntanos ás dúas irmás de volta en Galicia, cheas de ilusión pero tamén de recordos da súa dramática nenez.
Nesta novela, a autora rende homenaxe aos nenos da Guerra que marcharon exiliados á Unión Soviética. A obra, narrada de modo realista, fai un repaso polo que significou a dura época da Guerra Civil española.
Coma sempre, a lectura, ademais de facernos pasar un rato agradable lendo um libro que nos guste, tamén nos serve para informarnos de diferentes temas dos que aparecen referencias no libro. No caso deste libro aprendemos feitos relacionados coa Guerra Civil Española e coa Segunda Guerra Mundial. Aquí debaixo tes unha presentación, que xa usáramos anteriormente, con información que te pode ser útil.
Marina Mayoral, nacida en Mondoñedo, é novelista e Catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid. Entre o centenar de traballos de investigación que ten realizado sobre diversos autores e épocas destacan os seus estudos sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Escribe en galego e castelán. Algunhas das súas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, portugués, polaco e chino. Sobre este libro a propia autora dí:  Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ao seu destino.
Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia,
de dous amigos que se atopan en bandos opostos,
dunha muller loitadora, dun carteiro namorado,
dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza.
É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio.
Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor.
Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias.
Tristes armas é unha novela para adolescentes.
Noite voraces sombras Guerra civil
View more presentations or Upload your own.

Comentarios

A. JIménez ha dicho que…
Estupenda lectura para adolescentes e non tantos. Curiosamente na súa corta extensión toca aspectos tan profundos como a solidaridade, a fraternidade e o respeto polas decisións por outros tomadas, e que son de complicada natureza.
Guadiiii ha dicho que…
Muy triste libro no me gusto muchooo!!!!:(
ariana :) ha dicho que…
a min gustoume muito, pero fixome chorar e sacou a miña tristeza mais interior cando marreu o pai...
Anónimo ha dicho que…
Está bastante ben, pero na realidade,non foi tan bonito.Por culpa da gerra de paises e diversas cousas que o fixeron os que se peleavan.
lola! ha dicho que…
a min encantoume pero foi moi triste e doume moita pena.Pero no me gustaría saber como foi de verdade o que elas sentiron