EL AMOR ES UN CUENTO
Blanca Álvarez
A protagonista da novela vainos contando, en primeira persoa, como ela e o seu grupo de amigas,
uns anos maiores, van pasando por diversas etapas persoais, en diferentes
momentos da historia recente de España.
Pertencentes a unha clase social alta, todas estudan nun colexio dos
chamados “de élite”, sentindo que as ‘preparan’ para cumplir co papel que a
sociedade tiña pre-establecido para elas. Van despertando dese mundo de fantasía
e, sendo como son intelixentes, van analizando o que pasa no seu interior a
medida que van descubrindo o que sucede no mundo real. Un mundo cambiante e menos
amable do que lles contaran e para o que
en realidade non estaban tan preparadas.
A amizade e o amor que van atopando xogan un papel importante nas súas
vidas e na súa evolución persoal, sobre todo cando se atopan con que aquel ‘príncipe
azul’ soñado non é tan príncipe nin tan azul...
No libro hai referencias á sociedade española dos anos 60 e anteriores: Edith
Piaf, Beatles, Moustaki... e aos cambios tan importantes que se produciron
neste pais en pouco tempo: os movimentos estudiantis, a chegada da democracia...
Blanca Álvarez naceu en Asturias e é licenciada en Filoloxía Española e diplomada en Traballo Social. Traballou como xornalista de deportes no diario As durante dous anos.
Logo de escribir poesía e novelas para adultos, entrou no mundo da Literatura Xuvenil, na que leva acadados moitos premios, o último, o Premio Anaya, fai poucos días.
Agora imparte cursos a profesores de lingua e literatura e a alumnos de Secundaria, e segue a escribir novelas para mozos e mozas.
Podes ler unha entrevista con ela aquí.

Comentarios
O que queda claro é que a vida ademáis de ser larga (aínda que ao mesmo tempo corta) tamén é moi complicada,,, igual cousas que pensaches que nunca farias acabalas facendo ou ao revés. Eu, persoalmente presteille máis atención a este detalle e non tanto ao "conto do amor" xa que amores, hai moitos e de moitos tipos.