LA PERLA
John Steimbeck
 Kino e Juana viven nunha aldeíña de costa. Teñen un fillo, Coyotito, que aínda é un bebé e con el comparten todo o seu tempo. Son pescadores e por tanto viven do mar. Un día como outro calquera a Coyotito pícalle un escorpión na casa e os seus pais quedan moi preocupados. Lévano ao médico, pero este non accede a mirar ao neno porque provén dunha familia pobre que non poderá pagar a consulta.

Pero a sorte de Kino cambia. Atópase cunha ostra enorme na que hai unha perla, e non unha perla calquera, senón que é a Perla do Mundo. No pobo ninguén tarda en darse conta do excepcional da situación e até o médico acepta consultar a Coyotito a ver se pode facer algo coa picadura. Dáse conta de que o neno xa non ten nada pero finxe curalo para que Kino lle teña que pagar.
Kino e a súa familia empezan a súa viaxe para cobrar a perla, cos problemas que isto lles traerá.
 John Steimbeck é un dos escritores norteamericanos máis importantes do S. XX, gañador dos premios Pulitzer e do Nobel de Literatura. As súas novelas tiveron gan éxito e algunhas delas foron levadas á gran pantalla por directores tan importantes como John Ford ou Elia Kazan cos mellores actores da época, como Henry Fonda ou James Dean.
Nas súas novelas, como en "La perla" ou "Las uvas dse la ira", Steimbeck trata o tema das desigualdades e as inxustizas sociais.

Comentarios

Alfonso ha dicho que…
Dende logo que aínda que a redacción do libro é sinxela os temas que toca non son para nada triviais, pero sí fundamentais. Visto dende arriba reflexa dunha forma ácida e desgarrada como a loita de clases, o condicionamento social, o poder económico pode levar a alguén que ten un tesouro (o amor, a familia) a perder todo por intentar ter unha vida mellor (cousa máis que de recibo ante a situación inicial dos protagonistas).
Tras a reunión de onte dame a sensación de que entre os rapaces e rapazas só caben dúas opcións: ou che gusta o libro, porque ves o seu argumento, ou che parece indiferente.
Esperemos a ver se hai quen se anima a comentar algo a este respecto