1/12/13

CROQUETAS Y WASAPS
Preguntáchesche algunha vez que quedará de ti cando xa non esteas? Clara si. Xusto cando está ao bordo da piscina. E ten dúas opcións: tirarse de cabeza cando todo o seu corpo grita para que o faga, ou quedar quieta tapándose as orellas coas mans.
Novela realista que agranda o universo de Pomelo e limón e narra co estilo actual e chispeante de Begoña Ouro o ballón de sentimentos ao que se enfronta unha adolescente cando se dá conta de que ten ao alcance da súa man a oportunidade de ser feliz.
Neste libro vemos a Clara nun momento confuso e importante da súa vida: por unha banda o deslumbramento provocado por Lucas, por outra a atracción inesperada por un amigo "de toda a vida", do que en realidade sabe pouco. E mentres parece que as cousas non están tan claras como deberan coas amizades, a súa nai, un avó que fai máis falcatruadas do que sería de esperar...
Begoña Oro, zaragozana de nacemento, estudiou Dereito e Humanidades na especialidade de Literatura. Leva moitos anos vinculada ao mundo do libro como tradutora, autora -non só  en Literatura Infantil e Xuvenil- e como editora. Traballa ademais en plans lectores en centros escolares. É unha das primeiras escritoras en simultanear o libro tradicional en papel co uso de internet. Neste libro continúa contándonos cousas do mundo de Pomelo y limón, do que podemos atopar antiguos coñecidos. Pero pode que a mellor presentación a faga a propia Begoña no 'booktrailer' do libro:

3 comentarios:

Guady ;) dijo...

Esta muii chulo el video no sabia que Begoña era asi ni Lucas, ni Clara, ni mucho menos Unai :) jajajajjaa

Anónimo dijo...

todos do club temos muitas ganas de leelo

Anónimo dijo...

eu sa o leín e esta moi ben ogala fagan outro coma ese