22/11/15

EL SUEÑO DE BERLÍN
Ana Alonso - Javier Pelegrín
Ana é unha adolescente con TOC (trastorno obsesivo compulsivo). Cando Bruno, o seu compañeiro de clase, se decata do problema, intenta axudala. Con moito ímpeto, pero tamén con descoñecemento, vai animala a que se apunte á viaxe de fin de curso e poida cumprir un dos seus soños: visitar, en Berlín, a cabeza de Nefertiti.
Doutra banda, a vida familiar de Ana non está exenta de tensións. O seu pai anímaa para que sexa como as mozas da súa idade, mentres que a súa nai quere que se medique e a sobreprotexe.

Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que residiu durante a maior parte da súa vida en León. Licenciouse en Ciencias Biolóxicas. Publicou oito poemarios e, entre outros, recibiu o Premio de Poesía Hiperión (2005), o Premio Ollo Crítico de Poesía (2006), o Premio Antonio Machado en Baeza (2007) e o Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castelán (2008).

 Javier Pelegrín naceu en Madrid en 1967, aínda que residiu en Murcia durante boa parte da súa vida. Licenciouse en Filoloxía Hispánica. Actualmente traballa como profesor de Ensino Secundario, actividade que compaxina coa escritura. 

Xuntos son coautores da serie de fantasía e ciencia ficción A chave do tempo e doutras sagas como Tatuaxe e outras. El sueño de Berlín acadou o XII Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015. Teñen unha páxina moi completa que podedes ver aquí.

3 comentarios:

Bea kmy dijo...

Gustoume bastante este libro o que máis me gustou foi o comportamento de Bruno con Ana, foi moi amable con ela nunca se rendeu e loitou para que Ana superase o mellor posible as cousas ,ese si que é un rapaz de verdade , os rapaces así esta en peligro de extinción

Guady carril dijo...

Este libro fue uno de mis favoritos ponerte en el personaje de Ana o en el de Bruno es magnifico Me Encantó!!

Mabel 4ºA dijo...

O libro está bastante ben, xa que a historia de Ana e interesante e algo angustiosa porque estar todos os días loitando contra unha enfermedade é moi duro, pero Ana cá axuda de Bruno, puido logra o seu soño de ir a Berlín a ver o busto de Nefertiti, o amor e comprensión deste, darse a oportunidad de olvidarse da súa enfermidade por un periodo de tempo e demostrar aos país de que ela pode e o resto tamén poden aínda que non sufran ningunha enfermidade.